viernes, 24 de enero de 2020

ENCONTXO: COMO CAMBIAN OS TEMPOS

Hoxe presentamos na EEI Barrionovo outra actividade de dinamización da lingua galega.

Carlos Casás e Armando Herrero trouxéronnos dúas cancións en galego creadas polo propio Carlos e ilustradas por nenos e nenas doutros colexios: "o paxariño", introducida cun previo conto en galego da propia experiencia de Carlos, e "como chove", onde se traballan as partes do corpo en galego cas rimas dunha forma máis divertida. Esta última canción tiña unha sorpresa no final: as fotos que fixeramos cos nenos e nenas a semana pasada cos paraugas 💧.



                                   

                                   

Ademáis, sorprenderonnos cunha presentación comparativa das vivendas galegas e as vivendas xaponesas, descubrindo grandes diferenzas culturais coma os futóns nos que durmen os xaponeses, que andan descalzos nas súas casas, e os curiosos baños que teñen.

Encantounos a vosa visita, moitas grazas !


No hay comentarios:

Publicar un comentario