BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

domingo, 23 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO: "DAR DE LER"

Este ano, apoiándonos no marabilloso texto de Montse Pena Presas “Dar de Ler”, elaboramos este vídeo, que recolle o traballo ao redor dos libros ao longo de todo o curso, porque na BiblioBN.

 “TODOS OS DÍAS SON O DÍA DO LIBRO”

xoves, 20 de abril de 2023

A ORIXE DA MÚSICA

DESCUBRIMOS A ORIXE DA MÚSICA CUNHA PROPOSTA NO ESPAZO FEDELLEIRO E UNHA EXPLICACIÓN VIRTUAL DA MAN DE ABRAHAM CUPEIRO.


 

DESPOIS PUIDEMOS DISFRUTAR DO OBRADOIRO DE CREACIÓN DE INSTRUMENTOS. UNHA DAS PROPOSTAS FOI UNHA BRAMADERA OU ZUMBADORA.








mércores, 12 de abril de 2023

ENCONTROS BN: PAULA CARBALLEIRA

 Paula Carballeira, escritora, actriz e narradora oral, entre outras facetas, visitará a nosa escola para compartir en familia o xeito de ler e contar contos, como ela tan ben o fai.








martes, 4 de abril de 2023