mércores, 30 de outubro de 2019

POESÍA EXPRESS DO SAMAÍN

A profe Desi sorprendeunos coas arrepiantes rimas de "Monstruos patas arriba" da Ed. Vicens Vives.



Despois demostramos a nosa valentía xogando co medo e metendo a man en caixas con miolos, ollos, tripas... 
Para rematar abrimos as caixas e descobremos o que en realidade contiñan (espaguetes, xelatina con olivas, luva con cenoria e iogur).




Pasámolo de medo!!!

OKUPACIÓN ESKORNABÓTICA

Todo preparado con plantillas relacionadas co noso proxecto #mesturarte, 1 escornabot, cámara de fotos, 1 conto, 1 DVD, e a libreta onde recolleremos toda a experiencia. 
Desfrutade en familia!!

xoves, 24 de outubro de 2019

ENCONTRO MUSICAL: FOLCLORE GALEGO


 Estas semanas na clase de música soupemos que Clave de Sol e Clave de Fa andan de viaxe polo mundo en caravana.
Primeira parada: Galicia e a súa música e tradicións.

Grazas a Miguel, Iria e Isma hoxe gozamos do noso folclore.



Para agradecerlles a visita entregámoslles unha pandeireta 3D

GRAZAS!!


ENCONTXO: os superalimentos

Hoxe celebramos o día das bibliotecas cun EncontXo sobre alimentación saudable e horta.
E despois...que millor día que este para facer entrega dos carnés aos novos usuarios deste curso, as nenas e nenos de 3 anos. E coma non podía ser doutro xeito foron os maiores os encargados de facer a entrega.

martes, 22 de outubro de 2019

POESÍA EXPRESS: "Polas rúas"


Este martes tocou un poema cun teatriño de Ana María Fernández incluído no seu libro "Pola Rúas dos Versos" e musicado por Mamá Cabra.



ENCONTRO FOLCLORE GALEGO

Estas semanas nas clases de música soupemos que Clave de Sol e Clave de Fa andan de viaxe polo mundo en caravana.
Primeira parada: Galicia e a súa música e tradicións.


Grazas a Miguel, Iria e Isma hoxe gozamos co noso folclore.


venres, 18 de outubro de 2019

ENCONTXO lecto-hortícola

Este venres na BiblioBn o famoso "Coelliño Branco" foi apañar "Nabizas", en lugar de "Coles", para un caldiño.
Esta historia serviu para introducir o tema e aproveitar para plantar as nabizas no noso horto.

mércores, 16 de outubro de 2019

DÍA DAS ESCRITORAS

Este Martes a Poesía Express regalounos diferentes fragmentos de escritoras galegas, da man desta escritora tan especial que nos visitou.
Acompañada da súa máquina de escribir, escribía e recitaba os fragmentos que recordaba.

luns, 14 de outubro de 2019

GUÍA DE LECTURA: día das escritoras 2019

Estes días estamos a conmemorar na BiblioBn a escritoras galegas a través de lecturas de pequenos fragmentos das súas obras.
 Para ir abrindo boca ahí vai un adianto.

domingo, 13 de outubro de 2019

VISITA A BIBLIOTECA MIGUEL SANDE

Este venres visitamos a Biblioteca "Miguel Sande", de Pastoriza, para desfrutar dun conto de Samaín da man do grupo "Teatro Calavera".
Foi para morrer...de Risa!!!!