sábado, 24 de febreiro de 2018

DÍA DE ROSALÍA 2018

En Barrionovo levamos desde primeiros de mes traballando a figura de Rosalía de Castro, protagonista do noso calendario xunto con Eduardo Pondal, e son varias as actividades que levamos a cabo en relación coa súa figura.
Participamos na convocatoria da AELG #AbrideAFiestra cun croma no que participaron os alumnos/as e as súas familias. 

 

Empregando a técnica da impresión 3D, imprimimos a silueta da cabeza de Rosalía e pegámola enriba da súa cara para crear as nosas propias obras de arte abríndolle a fiestra. Clicar na imaxe para ver todo o proceso.

http://bibliobn.blogspot.com.es/2018/02/impresion-3d-dia-de-rosalia.html

No noso venres de Encurtas, visionamos unha animación realizada polo alumnado do IES As Barxas, de Moaña, en relación co poema "Eu ben vin estar o moucho" de Rosalía de Castro.

 

E, finalmente, continuamos coa nosa serie "C(r)oma galeg@s" que, neste mes, tivo como protagonista á parella formada por Rosalía e Manuel Murguía.