BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

venres, 29 de maio de 2026

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN...EN GALEGO

Aquí temos unha pequena mostra dalgunhas familias participantes nas lecturas da biblio en maio.


Moitas grazas a todas pola vosa participación neste mes de lecturas en lingua galega!

mércores, 20 de maio de 2026

XOGOS TRADICIONAIS EN FAMILIA

 Onte puidemos desfrutar da recompensa obtida no Escape Room das Letras Galegas: unha xornada de xogos en familia no pavillón de Galán.

A empresa galega Velaísca encargouse de organizalo todo para que crianzas e familias só tiveran que preocuparse de gozar xogando xuntas.

Xogos tradicionais galegos elaborados por artesáns de Chantada como: os birlos, os ovos, a ponte, os sacos... cos que puxemos a proba as nosas habilidades e pasamos unha mañá moi divertida.






Moitísimas grazas pola vosa participación, familias!

venres, 15 de maio de 2026

O CANTO DE CIRCE E MORGANA

LETRAS GALEGAS 2026

Comezamos a xornada convertidos en detectives na procura de pistas para descifrar misterios e recuperar a memoria perdida da nosa homenaxeada no Día das Letras Galegas.


Visualizamos o vídeo de motivación inicial


Distribuímonos en equipos coa mochila correspondente


Descubrimos o material que contén a bolsa e comezamos a descifrar misterios


Nome e apelidos da autora con código secreto


Título da primeira e segunda novela con lupas máxicas


Lugar de nacemento empregando as coordenadas atopadas no sobre agochado
 

Profesións tratando de adiviñar sen mirar os obxectos agochados na caixa do tacto


Busca no patio da chave da cor do equipo para abrir o cofre do tesouro



Crebacabezas 

Unha vez resoltos todos os misterios, xuntámonos de novo para poñer en común toda a información e abrir o cofre do tesouro. Mais para iso, precisabamos un código numérico con 4 díxitos que conseguimos ao completar o xogo final "A piñata de Barrionovo".
E, para rematar, abrimos o cofre e conseguimos a recompensa que consistía nun diploma válido para unha xornada de xogos populares en familia o próximo 19 de maio.


Parabéns polo grandísimo traballo, detectives!

O material empregado foi extraído de:
http://seminariogalan.org/inicio/2026/actividades
https://www.lingua.gal/documents/204205/217709/guia_Begona_sementes.pdf?version=1.0

luns, 11 de maio de 2026

ENCONTROS BN: SILVIA PENIDE

Onde está Otti? Unha pequena historia de como as veces perderse é encontrarse.
Silvia regresa con este conto para invitarnos a ver que na perda tamén podemos atoparnos. Unha pequena viaxe emocional que nos conecta coa nosa parte máis vulnerable e humana.
E así o veu presentar á nosa escola, a través da música fomos coñecendo a historia.

domingo, 26 de abril de 2026

MES DAS LETRAS GALEGAS NA BIBLIOBN

Durante o mes de maio, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega invita ás familias a ler un conto na nosa BiblioBN, coa condición de que esta lectura sexa EN GALEGO.

Só tedes que falar coas mestras, fixar data e hora e elas axudaránvos a escoller un libro da nosa biblio.

Animádevos a participar!



xoves, 23 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO 2026

 “Cando esteas aburrido e non saibas que facer, colle un libro meu amigo, todo pode suceder…”

Así comeza a canción “IMAXINA” de Migallas, e con esta canción de fondo e moitas portadas de contos comezamos o día creando en familia a nosa exposición particular nun tendal de libros.



mércores, 25 de marzo de 2026

OS XOGOS DO PASADO

 

 Remtamos o trimestre elaborando un títular que resume a esencia do que foi traballo durante o mesmo.

Unha creación artística coas letras como protagonistas para conformar a portada da colección dos xogos que fomos coñecendo grazas as nosas Transmisoras do tempo.


venres, 13 de marzo de 2026

Semana da prensa

 Recollemos a  nova da entrevista levada a cabo para conmemorar o 8M e redactamos en galego.




luns, 9 de marzo de 2026

TRANSMISORAS NO TEMPO: ESPECIAL 8M

 


Esta mañá a BiblioBN foi testemuña dun encontro interxeracional. Avoas e netas/os, compartiron un faladoiro moi interesante sobre a infancia no pasado. Unha entrevista feita polos máis pequenos onde houbo lembranzas, xogos, música e un autentico legado para non esquecer!

Un 8M adicado á mulleres moi significativas no día a día dos nosos nenos/as.

MOITAS GRAZAS AVOAS






PODEDES DESFRUTAR DA CONVERSA NOS SEGUINTES VÍDEOS

A MARIOLA

 

venres, 27 de febreiro de 2026

OFICIOS TRADICIONAIS: OBRADOIRO DE OLERÍA

 Hoxe contamos na escola coa presenza de Pablo Risco, oleiro de Buño, con quen puidemos experimentar co barro e facer diferentes pezas coas nosas mans.


Tamén tivemos oportunidade de ver como se traballa co torno e puidemos probalo.




Moitas grazas, Pablo! 


martes, 24 de febreiro de 2026

POESÍA EXPRESS: CALDO DE GLORIA

Hoxe celebramos o día de Rosalía coa poesía "Caldo de Gloria", para honrar a poetisa e novelista Rosalía de Castro.

A Fundación Rosalía de Castro puxo en marcha a iniciativa "Caldo de Gloria", inspirada no poema "Miña casiña, meu lar", na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a supervivencia a que se tiña que afrontar acotío.



Así na BiblioBn fixemos tamén un caldo de gloria, cos ingredientes do poema. Logo, nas aulas, rematouse a xornada cun traballo de escritura de palabras significativas.



luns, 23 de febreiro de 2026

DÍA DE ROSALÍA 2026

 Este luns de biblio en familia conmemoramos o 189 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Fixémolo falando da súa biografía e escribindo palabras que nos evocan as nosas casas. Ademais, lemos e comentamos o poema "Miña casiña, meu lar".


Por último, construimos casiñas con palitroques cubertos con teas e creamos uns marcapáxinas ben orixinais.



martes, 10 de febreiro de 2026

A MÁQUINA DO TEMPO

 Estes días estamos a descubrir os mandadiños do meco agochados na nosa máquina do tempo particular, elaborada polo alumnado de 5° e 6° de E.I con materiais de refugallo.