BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

Amosando publicacións coa etiqueta FESTAS TRADICIONAIS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FESTAS TRADICIONAIS. Amosar todas as publicacións

xoves, 26 de setembro de 2019

IV CONCURSO FOTOGRÁFICO: OFICIOS ARTESANAIS

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Escola Infantil de Barrionovo, en colaboración coa BiblioBN, convídanvos a participar no IV Concurso de fotografía: oficios artesanais.
Animádevos!


xoves, 15 de novembro de 2018

venres, 9 de novembro de 2018

ENTREGA DE AGASALLOS

Hoxe, na biblioBN, fixemos entrega dos agasallos aos participantes no III Concurso de Fotografía dos Oficios Artesanais da Romaría de San Miguel.


Os premiados/as cun orixinal crebacabezas de madeira foron Chlöe, Sofía e Erik, da aula de 4 anos, e Daniela e Ainara da aula de 5 anos. Parabéns!


martes, 16 de outubro de 2018

PRIMEIRAS FOTOGRAFÍAS DO CONCURSO

Van chegando as primeiras fotografías dos participantes no III Concurso de Fotografía dos Oficios Artesanais da Romaría de San Miguel.
Animádevos! Participar ten premio!


venres, 28 de setembro de 2018

III CONCURSO FOTOGRÁFICO: OFICIOS ARTESANAIS

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Escola Infantil de Barrionovo, en colaboración coa BiblioBN, convídanvos a participar no III Concurso de fotografía: oficios artesanais.
Animádevos!




xoves, 30 de novembro de 2017

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA

Neste curso, xa que o tema do proxecto é "A volta a Galicia en 284 días", estamos a levar na mochila da Okupación Escornabótica unha plantilla en branco para completar na casa inventando un xogo relacionado con algún aspecto relevante do noso país. 
Aquí tedes unha mostra dos traballos feitos pola familia de Iker (5 anos) e pola familia de Artai (4 anos) nos que podemos traballar, por unha banda, os escritores/as galegos homenaxeados no Día das Letras Galegas e, por outra parte, as festas populares galegas.

                        CÓDIGO DE XOGO:
                         1. Rosalía de Castro
                         2. Castelao
                         3. Curros Enríquez
                         4. Eduardo Pondal
                         5. Ramón Cabanillas
                         6. Álvaro Cunqueiro
                         7. Celso Emilio Ferreiro
                         8. Manuel María
                         9. Carlos Casares
                        10. Día das Letras Galegas

 
 
CÓDIGO DE XOGO:
                         1. Samaín
                         2. Magosto
                         3. O apalpador
                         4. Asalto ao castelo (Vimianzo)
                         5. Romaría vikinga (Catoira)
                         6. Rapa das bestas
                         7. Entroido de Laza
                         8. San Xoán
                         9. Arde Lucus
                        


Nos dous casos a forma de xogar consiste en tirar o dado e mirar na lenda a que imaxe corresponde o número que nos tocou e, a continuación, darlle as ordes correctas ao escornabot para chegar ata dita casilla.
Moitas grazas as familias pola súa colaboración!

sábado, 3 de xuño de 2017

I MAIO MIUDO

Percorrimos as rúas de Arteixo co noso Maio ata rematar no Concello.



Á volta posamos co Maio-Escornabot da escola.

xoves, 2 de febreiro de 2017

A VODA DOS PAXARIÑOS


Hoxe, 2 de febreiro, celebramos a que din que debía ser a verdadeira festa dos namorados: As Candeas ou Candeloria. 

"A partir da Candeloria,
ningunha ave voa soa."



Coñecemos da súa existencia grazas ao Calendario Etnográfico de Arteixo 2017 co que nos agasallou o Concello. Neste, o Departamento de Normalización Lingüística do Concello convídanos a un fermoso e documentado percorrido polas celebracións anuais arteixáns.




Así aprendemos que a festa de hoxe "anticipa a chegada da primavera e o renacer da natureza."



Cada encargado recolle as candeas para facer o traballo:


E preparámolo:



xoves, 22 de decembro de 2016

BO NADAL...EN GALEGO!!

Dende o EDLG da EEI BARRIONOVO, queremos desexarvos un BO NADAL e UN FELIZ 2017....EN GALEGO

 

Para pasar estes fríos días, aquí vos deixamos unha chea de recursos cos que non vos aburriredes, a programación da Rede de Dinamización Linguística, cartas aos Reis Magos,... e unha paxina web onde atoparedes unha chea de agasallos...en GALEGO





 

domingo, 13 de novembro de 2016

CONCURSO FOTOGRAFICO: OFICIOS ARTESANAIS

A biblioBN e o EDLG veñen de convocar un Concurso Fotográfico co gallo da Romaría de San Miguel de Pastoriza. O Concello e a Asociación Cultural O Grilo sumaron esforzos para recuperar a histórica Feira de Madeira. Desde a escola convidamos ás familias a visitala e fotografar todos os oficios tradicionais que nela se mostraban: cesteiras, carpinteiros, zoqueiros, oleiras,afiadores, tecelás e fiandeiras...

 

Esta é a foto gañadora:


E estas as participantes:
 


 



Tod@s @s participantes recibirán un agasallo.


xoves, 12 de novembro de 2015

POLO SAN MARTIÑO.....VAI O MAGOSTO

FESTEXAMOS O MAGOSTO CON MOITO GOSTO...

Os nenos e nenas de 5 anos recitaron refráns e poemas do libro editado na biblioBN no 2013 : "E ti que dis ... do Magosto", que recolle a recompilación feita coas aportacións das familias











E DESPOIS.....CASTAÑAS PARA TODOS, e o rico biscoito que trouxo Martiño para festexar o seu santo



E para rematar as nosas carautas de castaña

SAMAÍN NA EEI BARRIONOVO

PARA REMATAR O MES DE OUTUBRO FESTEXAMOS O SAMAIN, CON DISTINTAS ACTIVIDADES, QUE PODEREDES VER PINCHANDO NAS IMAXES:
UN ENCONTRO MONSTRUOSO NA BIBLIOBN




ADICAMOS AS NOSAS SESIÓNS DE ARTE ÁS CABAZAS 


E BUSCAMOS O INTRUSO NO TALLER DE LINGUAXE ORAL

DURANTE TODA A SEMANA ESTIVEMOS COCIÑANDO UNHAS TERRORIFICAS MADALENAS DE CABAZA..