Para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade contamos cun concerto da Banda de Percusión Inclusiva "DiversidArte" por iniciativa da ANPA.
mércores, 3 de decembro de 2025
DÍA DA DIVERSIDADE 2025
martes, 27 de abril de 2021
POESÍA EXPRESS: "ALGO QUE ESCRIBIR". PABLO MARIÑO
Como peche do mes do libro fixemos noso un dos poemas de Nocturnia 46, o fermoso poemario de Pablo Mariño (pai de Galicia e membro da ANPA de Barrionovo), titulado "Algo que escribir".
Agardamos que gocedes coa súa escoita e coas marabillosas imaxes que o acompañan.
martes, 23 de febreiro de 2021
CONCURSO DÍA DE ROSALÍA. ASOCIACIÓN "O GRILO"
A Asociación "O Grilo" de Pastoriza organiza un concurso co gallo do Día de Rosalía.
Se vos animades a participar, clicade na seguinte imaxe para coñecer as bases.
luns, 21 de decembro de 2020
mércores, 16 de decembro de 2020
VISITA DO APALPADOR
Este venres día 18 contaremos cunha visita moi especial, o apalpador chegará a Barrionovo para contarlles aos nenos e nenas contos para o Nadal.
Agardámoste, Apalpador!
venres, 4 de decembro de 2020
CONTACONTOS: TROPA DE TRAPO
Grazas a Anpa, hoxe contamos coa visita da compañía de teatro "Tropa de trapo" quen nos agasallou co seu espectáculo "Contos de nenas grandes e pequenas".
Clicando na imaxe poderedes ampliar a información sobre esta actividade.







