BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

domingo, 26 de abril de 2026

MES DAS LETRAS GALEGAS NA BIBLIOBN

Durante o mes de maio, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega invita ás familias a ler un conto na nosa BiblioBN, coa condición de que esta lectura sexa EN GALEGO.

Só tedes que falar coas mestras, fixar data e hora e elas axudaránvos a escoller un libro da nosa biblio.

Animádevos a participar!



xoves, 23 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO 2026

 “Cando esteas aburrido e non saibas que facer, colle un libro meu amigo, todo pode suceder…”

Así comeza a canción “IMAXINA” de Migallas, e con esta canción de fondo e moitas portadas de contos comezamos o día creando en familia a nosa exposición particular nun tendal de libros.