BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

Amosando publicacións coa etiqueta ESCRITORES GALEGOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ESCRITORES GALEGOS. Amosar todas as publicacións

mércores, 19 de outubro de 2022

EncontRos BN: Sabela Trelles


Hoxe tivemos a sorte de contar, na nosa biblioteca, coa presenza de Sabela Trelles, escritora galega, que nos contou un dos seus contos "Que queres ser de maior, pequena", da editorial Xerais.
E que mellor maneira que a presenza dunha muller, escritora, e galega, para conmemorar a semana das escritoras nas bibliotecas escolares.
Grazas Sabela polo teu tempo e por axudarnos a alimentar a nosa IMAXINACIÓN!






E coma despedida... firma no libro de visitas e agasallo 3D



Na aula dos maiores fixemos un dos xogos que nos popuxo tras o conto. 
Poñemos a nosa imaxinación e creatividade en marcha inventando novas palabras como inspiración para escribir historias.


 

domingo, 8 de maio de 2022

MES DAS LETRAS GALEGAS: RECURSOS

 A semana máis especial do mes xa está aquí! Como ben sabedes este ano o día das letras galegas está dedicado a Florencio Delgado gurriarán. Con motivo diso, deixámosvos uns recursos fundamentais para poder traballar ao redor deste autor:

Biografía a partir de TikTak Draw

Biografía en pictogramas

"Son o poeta que cruzou o océano Florencio Delgado Gurriarán". Texto de ledicia costas e ilustracións de Blanca Millan

                   

                  

 

 Canción "A Pandeirada", cun poema de Florencio Delgado, interpretada por Carlos Garcia Casás

 "Casoiro", dramatización dun poema de Florencio sobre o mundo do viño valdeorrés

Ordena as imaxes

A ruleta de Florencio Delgado Gurriarán

 O rosco de Florencio Delgado Gurriarán

Moitos maís recursos nos seguintes enlaces: http://seminariogalan.org/ e https://primaveradasletras.gal/