BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

Amosando publicacións coa etiqueta rag. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta rag. Amosar todas as publicacións

mércores, 17 de maio de 2023

LETRAS GALEGAS 2023: AS COUSAS DE DON PACO

Para comezar a xornada do martes contamos coa visita do noso Don Paco particular quen nos agasallou cunha fermosa poesía express de Manuel María titulada "Galicia".

A continuación, fomos subindo á biblioBN en equipos mixtos para descubrir "As cousas de Don Paco", as cales estaban agochadas en 5 caixas coas súas respectivas adiviñas. Os nenos e nenas maiores foron lendo as adiviñas e, entre todos, tentamos descifrar o obxecto escondido.

Unha vez resolto o acertixo, explicamos a historia de cada obxecto (lapis, reloxo, lupa, máquina de escribir e cámara fotográfica) e a importancia do mesmo na vida de Don Paco.




Como agasallo por ter superado este reto, conseguimos as lentes de Don Paco e fixemos unhas fotos con elas para levalas para casa como recordo deste día tan especial.



Para facer esta actividade baseámonos na obra teatral creada por Eva Mejuto e ilustrada por Lucía Cobo para a Real Academia Galega en primaveradasletras.gal

xoves, 25 de marzo de 2021

A RAG PON EN MARCHA A PRIMAVERA DAS LETRAS

Na páxina web https://primaveradasletras.gal/ xa podedes atopar recursos lúdicos e didácticos para traballar a figura de Xela Arias, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021.

En Barrionovo xa nos estamos preparando para esta data tan especial e agradecemos moito este recurso que ofrece a Real Academia Galega.

luns, 28 de decembro de 2020

NÓS: PALABRA DO ANO 2020

Finalmente, "Nós" foi a palabra escollida polos votantes do Portal das Palabras como "Palabra do Ano 2020" superando aos termos relacionados coa pandemia.



venres, 18 de decembro de 2020

ESCOLLE A PALABRA DO ANO 2020

 A Real Academia Galega e a Fundación Barrié están a elixir a palabra do ano para este 2020. Tedes ata o día 25 de decembro ás 23:59 horas para escoller entre os seguintes termos que foron os que resultaron finalistas: gromo, máscara, nós, pandemia, seteiro e vacina.

Clicando na seguinte imaxe poderás rexistrar o teu voto.