BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

Amosando publicacións coa etiqueta OS NOSOS XOGOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta OS NOSOS XOGOS. Amosar todas as publicacións

mércores, 20 de maio de 2026

XOGOS TRADICIONAIS EN FAMILIA

 Onte puidemos desfrutar da recompensa obtida no Escape Room das Letras Galegas: unha xornada de xogos en familia no pavillón de Galán.

A empresa galega Velaísca encargouse de organizalo todo para que crianzas e familias só tiveran que preocuparse de gozar xogando xuntas.

Xogos tradicionais galegos elaborados por artesáns de Chantada como: os birlos, os ovos, a ponte, os sacos... cos que puxemos a proba as nosas habilidades e pasamos unha mañá moi divertida.






Moitísimas grazas pola vosa participación, familias!

luns, 17 de novembro de 2025

mércores, 15 de outubro de 2025

O XOGO DA RÁ

Durante este curso os calendarios mensuais vanse ir enchendo de xogos tradicionais galegos os cales, sempre que poidamos, implementaremos no tempo de recreo.

Este mes tócanos o xogo da rá co que estamos poñendo a proba a nosa puntería.

luns, 23 de maio de 2016

OS NOSOS XOGOS: LANZAMENTO DE BOINA

NESTE MES DE MAIO O XOGO TRADICIONAL DO CALENDARIO, É UNHA DISCIPLINA MOI PARTICULAR DE PASTORIZA: O LANZAMENTO DE BOINA. O CAMPEONATO CELEBRASE NO "BOINODROMO" DO REXEDOIRO 

DANI, O PAPÁ DE KEVIN E IKER DEMOSTROUNOS COMO SE PRACTICA ESTE XOGO






MOITAS GRAZAS!!!

xoves, 5 de maio de 2016

INAUGURAMOS A FONOTECA DOS NOSOS XOGOS

INAUGURACIÓN, CON SORPRESA, DA FONOTECA DOS NOSOS XOGOS. 

OS NENOS E NENAS DA AULA LARANXA, AMOSÁRONNOS O XOGO DA RODA-RODA, ACOMPAÑADOS DUN POEMA DE MANUEL MARIA, MUSICADO NO LIBRO-DISCO "CANTA O CUCO"


A RODA-RODA from AULA LARANXA on Vimeo.

AQUI VOS DEIXAMOS TAMÉN O ARQUIVO DE SON:


PARA FINALIZAR, CELIA LEU O POEMA "XOGOS", DO LIBRO "OS SOÑOS NA GAIOLA" DE MANUEL MARIA

sábado, 9 de abril de 2016

XOGANDO COS NOSOS XOGOS

SEGUIMOS COÑECENDO E APRENDENDO A XOGAR ÓS XOGOS TRADICIONAIS PROTAGONISTAS DO NOSO CALENDARIO. ÁS VECES CON ELEMENTOS ORIXINAIS COMO AS CHAPAS , AS CANICAS, OS SACOS  E O ARO,  E OUTRAS ELABORADOS CON ELEMENTOS DE REFUGALLO, COMO OS TROMPOS ( CON ROTULADORES E CDS VELLOS) E O ELEXIDO PARA ESTE MES DE ABRIL, O XOGO DA RÁ, NO QUE EMPREGAMOS BOTELLAS, GARRAFAS E CAIXAS E TAPONS PARA LANZAR

 

PODEDES VER TODOS OS NOSOS XOGOS PINCHANDO AQUI