BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

Amosando publicacións coa etiqueta TEATRO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TEATRO. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de novembro de 2023

25 N: LÚA QUERE VIAXAR A MARTE

 Este mércores, grazas a ANPA de BARRIONOVO, visitounos Zeltia, da Xanela do maxín, coa súa obra “Lúa quere viaxar a Marte”



Unha actividade para fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Hai e houbo grandes mulleres científicas, investigadoras e astronautas, que son o referente de Lúa para seguir adiante e enfrontarse aos impedimentos que se lle queren impoñer.




venres, 4 de decembro de 2020

CONTACONTOS: TROPA DE TRAPO

Grazas a Anpa, hoxe contamos coa visita da compañía de teatro "Tropa de trapo" quen nos agasallou co seu espectáculo "Contos de nenas grandes e pequenas".
Clicando na imaxe poderedes ampliar a información sobre esta actividade.



mércores, 25 de novembro de 2020

25N. NON É NON!

Con motivo do 25N o alumnado de Barrionovo elaborou esta curta para explicar como debemos ou non debemos tratar aos demais.



Ademais, desfrutamos de 3 sesións de monicreques (unha por aula) a cargo de Garabato Xogos.
















venres, 27 de marzo de 2020

DÍA MUNDIAL DO TEATRO




DESPOIS, AS AULAS PROPOÑERÁN PARA ESTE DÍA A ELABORACIÓN DUNS TÍTERES MÁIS UN TEATRIÑO PARA REPRESENTAR A SÚAS PROPIAS OBRAS.
AULA AZUL
AULA LARANXA
AULA ROSA

E ADEMÁIS.... PARA CELEBRAR ESTE DÍA QUE MELLOR QUE UNHA ACTUACIÓN MUSICAL DOS NEN@S DA ESCOLA DE BARRIONOVO INTERPRETANDO O TEMA "FEMINIST BABY" CREADO POLAS MESTRAS LARA E LUCÍA, OU MILLOR DITO AS "PINK AND BLUE"

xoves, 14 de novembro de 2019

SAÍDA MERENDA CON PAN DE MILLO

Hoxe o alumnado de 5 anos asistíu ao espectáculo músico-teatral "Merenda con pan de millo", do grupo Migallas Teatro, na Coruña. 









Actuación promovida polo equipo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Falamos primaria.