BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

mércores, 23 de febreiro de 2022

#SementadePensamentos. Día de Rosalía 2022

En Barrionovo levamos todo o mes falando de Rosalía de Castro e facendo diferentes actividades para conmemorar o aniversario do seu nacemento.

Agora tócanos ensinarvos o noso produto final froito de moitos días de traballo. Seguindo a proposta feita pola AELG titulada #SementadePensamentos elaboramos os nosos propios vídeos empregando a técnica do stop motion nos que os cativ@s sementaron os seus pensamentos e deles naceron as flores favoritas de Rosalía, os pensamentos.

Aquí vos deixamos as producións de cada aula. Agardamos que vos gusten!

Feliz Día de Rosalía! 

Aula de 3 anos

Aula de 4 anos

Aula de 5 anos

MANDADIÑOS ENTROIDO: XOVES

 

martes, 15 de febreiro de 2022

COMEZAMOS COAS ACTIVIDADES DO MES DE ROSALÍA

Martes de Poesía Express cuns versos extraídos de "Cantares gallegos" os cales están moi relacionados co noso proxecto anual.

Este poema serviranos para iniciar a actividade que levaremos a cabo durante estes días para conmemorar o Día de Rosalía.

Estade ben atent@s porque nos uniremos como en cursos anteriores á proposta feita pola AELG que neste ano 2022 é #SementadePensamentos.

venres, 11 de febreiro de 2022

BITS 5 #barrionautasEastronovos

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Esta semana celebramos o Día da muller e a nena na ciencia cun EncontXo Poético no que a mestra Xeila leunos o conto rimado "Ada magnífica científica". Unha historia dunha nena con grande curiosidade e aspiracións científicas.