jueves, 30 de enero de 2020

DÍA DA ILUSTRACIÓN E A PAZ

Hoxe celebramos  o día da ilustración e o día internacional da paz e da non violencia.
Comezamos vendo o conto ilustrado de Nikolai Popov "Por que?", no cal amosábase a incomprensión de cara as loitas, e a importancia de resolver os problemas da vida cotiá de forma pacífica e respetuosa.




Logo, collimos uns periódicos e nos decatamos de que a maioría de noticias que había neles eran negativas, polo que decidimos romper con elas e construir entre todas as aulas uns veleiros que levaran valores e palabras positivas, partindo da canción de María FumaÇa "o veleiro verde", canción que xa traballaramos días atrás cos nenos, e co cal fixemos un vídeo que podedes ver máis abaixo.





Este foi o resultado final:



No hay comentarios:

Publicar un comentario