xoves, 25 de marzo de 2021

A RAG PON EN MARCHA A PRIMAVERA DAS LETRAS

Na páxina web https://primaveradasletras.gal/ xa podedes atopar recursos lúdicos e didácticos para traballar a figura de Xela Arias, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021.

En Barrionovo xa nos estamos preparando para esta data tan especial e agradecemos moito este recurso que ofrece a Real Academia Galega.

ENCONTROS BN NA REDE: EXPERIENCIAS DUNHA PEREGRINA


Este mércores tivemos un encontro moi especial: Paula, familiar de Andrea, contounos as súas experiencias realizando o Camiño de Santiago francés. Para saber máis preme na seguinte imaxe.


E despois, lembrando o que Paula nos contara, estivemos elaborando os nosos propios menús do peregrino axudándonos tamén dos bits 7 os cales están relacionados coa gastronomía galega.




xoves, 18 de marzo de 2021

INVESTIGACIÓNS EN FAMILIA

Aquí vos deixamos algunhas das investigacións en relación co camiño francés (etapas, monumentos, fauna...) realizadas polos nenos e nenas coa axuda das súas familias.

Aula Azul (3 anos)







Aula rosa (4 anos)






Aula laranxa (5 anos)






Moitísimas grazas pola vosa axuda, familias!

mércores, 17 de marzo de 2021

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA #camiñanteSIhaicamiño

Xa estamos empezando a recibir as primeiras aportacións familiares das mochilas da okupación escornabótica.
Aquí temos a Izan e Ainara da aula laranxa coas plantillas de gastronomía e animais do camiño feitas nas súas casas.



Moitas grazas pola vosa colaboración, familias!

luns, 15 de marzo de 2021

NO HORTOBN PLANTAMOS...

Estes días os nenos e nenas da aula azul estiveron a plantar amorodos, leitugas e tomates no noso horto escolar.


E unha vez feito o traballo, deixaron constancia do mesmo na súa libreta de aula.