luns, 24 de xuño de 2019

SAÍDA MONTE DE SAN PEDRO

Para rematar este curso, no que estivemos inmersos/as na natureza da nosa contorna grazas ao proxecto #somosdemonte, a última saída tiña que ser a un dos montes traballados nas aulas.
E, por iso, o venres 21 subimos ao autobús rumbo ao Monte de San Pedro. Alí nos recibiron dúas monitoras de "Puertas Afuera" coas fixemos un percorrido moi interesante con diferentes paradas interpretativas para coñecer a flora e a fauna do parque. 

EXPO #SOMOSDEMONTE

martes, 18 de xuño de 2019

PREPARATIVOS EXPO #SOMOSDEMONTE

O xoves 20, ás 10 da mañá, imos realizar na escola unha exposición para amosar ás familias todo o traballo levado a cabo ao longo do curso en relación co proxecto #somosdemonte.
Ao longo destes días, nas aulas, estivemos levando a cabo os preparativos para a difusión deste evento tan especial:

-Os nenos e nenas de 3 anos realizaron un trailer


-As alumnas/os de 4 elaboraron diferentes carteis que colocaron en diferentes lugares do centro

-Na aula de 5 anos, encargáronse de facer as invitación para as familias

FESTIVAL FIN DE CURSO

Este luns tivo lugar no Centro Cívico Cultural de Arteixo o festival de fin de curso, para o cal contamos coa presenza de Pablo Díaz, un compositor e intérprete de música infantil en lingua galega. Grazas á súa disposición e amabilidade puidemos subir ao escenario a interpretar con el tres temas do seu repertorio: "As mans" (nenos e nenas de 3 anos), "Piratas" (4 anos) e "O reloxo de Alberte" (5 anos). 
Clicando na imaxe podedes visualizar todo o contido.

http://aeeidebarrionovo.blogspot.com/2019/06/festival-fin-de-curso-1819.html

Moitísimas grazas Pablo!

xoves, 6 de xuño de 2019

ENCONTRO: ANXO MOURE

Onte, con motivo do Día Internacional do Medio Ambiente, contamos na biblioBN cunha actividade de dinamización da lectura e de concienciación medioambiental.
Anxo Moure nos deleitou cunha chea de historias, cancións, danzas... e todo na nosa lingua.


luns, 3 de xuño de 2019

AS FAMILIAS SEGUEN CONTANDO EN GALEGO

Un curso máis, a proposta das lecturas en galego por parte das familias ao longo do mes das Letras Galegas resultou todo un éxito.
Aquí vos deixamos algunhas delas.

-O pai de Valeria Casanova: "O mundo máxico de Pinocho" de EducaTeatro.


-A avoa de Michael: "Artur" da editorial Kalandraka.


-A nai de Rai: "Cornelio" da editorial Kalandraka.


-A nai de Erik: "O monstro de cores" da editorial Flamboyant.


Moitísimas grazas a todas pola vosa participación!