Festexamos o Samaín cun obradoiro terrorífico no Fedelleiro e unha xuntanza no noso patio ao redor das cabazas aportadas pola familias.
mércores, 30 de outubro de 2024
xoves, 24 de outubro de 2024
ELEMENTOS DE OUTONO
Debullamos mazorcas de millo.
Valeiramos cabazas polo samaín.
Aprendemos os perigos que pode ocasionar tocar ou manipular cogomelos. Utilizamos a app lens para identificar os que sairon nunha das macetas do noso patio.
martes, 22 de outubro de 2024
martes, 7 de novembro de 2023
CROMA SAMAÍN 2023
O Samaín de Mamá Cabra serviu de inspiración para este terrorífico…Croma de Medo!
O Samaín 23 from biblio BN on Vimeo.
martes, 31 de outubro de 2023
ENCONTXOS BN: A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS
Para celebrar o día do Samaín o profe Juan converteuse en Vampiro e interpretou un conto “A figueira de Pelos tortos”
Así de ben o pasamos
Merendas terroríficas!!
luns, 30 de outubro de 2023
SAMAÍN NA BIBLIOGALÁN
Este luns visitamos a exposición de Cabazas do Ceip Galán
E despois na Biblio desfrutamos do conto MONSTR3S, de Laura Parrula e Óscar Villán, e interpretado pol@s axudantes de biblio, algún deles exalumnos da nosa escola.
Por último obradoiros de Samaín: croma, pescuda de bechos, marcapáxinas e pintacaras
Todo coa axuda dos axudantes de Biblio
Grazas chic@s!
luns, 23 de outubro de 2023
mércores, 2 de novembro de 2022
Festexando o Samaín
martes, 25 de outubro de 2022
Na Cociña da bruxa... Galletas de Samaín
Día das Bibliotecas: "A pantasma das bragas rotas"
domingo, 23 de outubro de 2022
martes, 2 de novembro de 2021
SAMAÍN EN BARRIONOVO
Aquí vos deixamos algunhas das actividades que realizamos na escola para celebrar o samaín.
-Pintura de cabazas ao estilo Yayoi Kusama
-Visita ás aulas da bruxa Maruxa para dramatizar a poesía express desta semana.
-Seleción de contos de samaín no expositor da entrada e elaboración de guía de lectura con recomendacións.
-Elaboración nas aulas de carautas de alien.
-Festa de disfraces.
luns, 2 de novembro de 2020
UN DÍA DIFERENTE!
O venres celebramos o Samaín, os nenos e nenas viñeron ó cole disfrazados e dende a biblio, a través da pantalla contáronnos un conto moi relacionado co proxecto #camiñanteSIhaicamiño e co Samaín: "Sar Sarela e os monstros de Compostela", foi moi interesante e ademais en galego!
mércores, 28 de outubro de 2020
SEGUIMOS CO SAMAÍN!
O luns chamounos dende a biblioBN unha bruxiña que nos contou "A lenda do peregrino". Todos e todas quedamos de pedra, non sabíamos que pasaba iso na praza da Quintana de Santiago de Compostela.
luns, 26 de outubro de 2020
COMEZA A SEMANA DO SAMAÍN!
Como xa todos sabedes esta semana celébrase o Samaín (festa moi antiga en Galicia) e como non no noso cole tamén. Por iso dende o EDLG de Barrionovo propoñémovos unha canción de Paco Nogueiras do seu CD "Brinca Vai" para ir entrando en ambiente terrorífico.
mércores, 30 de outubro de 2019
POESÍA EXPRESS DO SAMAÍN
Despois demostramos a nosa valentía xogando co medo e metendo a man en caixas con miolos, ollos, tripas...
Para rematar abrimos as caixas e descobremos o que en realidade contiñan (espaguetes, xelatina con olivas, luva con cenoria e iogur).
domingo, 4 de novembro de 2018
SAMAÍN 2018
-Saída ao Ceip Galán para admirar a súa magnífica exposición de cabazas
-Encontro "Medos fóra" no cal expulsamos os nosos medos grazas a unha apócema máxica
-Poesía express elaborada nas sesións de internivel e baseada na canción "No samaín" de Paco Nogueiras































