Grazas a Anpa, hoxe contamos coa visita da compañía de teatro "Tropa de trapo" quen nos agasallou co seu espectáculo "Contos de nenas grandes e pequenas".
Clicando na imaxe poderedes ampliar a información sobre esta actividade.
Amosando publicacións coa etiqueta COMPLEMENTARIAS b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta COMPLEMENTARIAS b>. Amosar todas as publicacións
venres, 4 de decembro de 2020
CONTACONTOS: TROPA DE TRAPO
venres, 6 de marzo de 2020
MUNCYT "vidriera Jorge Peteiro"
Hoxe fumos o MUNCYT e vimos a vidreira de Jorge Peteiro, o artista do calendario deste mes de Marzo.
VISITAMOS O MUNCYT from biblio BN on Vimeo.
xoves, 13 de febreiro de 2020
CONCERTO DIDÁCTICO: "de aquí para alá"
Hoxe fumos ao Palacio da Ópera a escoitar o concerto didáctico "de aquí para alá" de Lydia Botana. Neste concerto os nenos e nenas puideron escoitar músicas de diferentes continentes, países e culturas: galega, cubana, xamaicana, balcánica... así como coñecer os instrumentos típicos de cada unha delas (algúns deles chegáronnos novos esta semana ao cole...).
Podedes ver a saída no seguinte vídeo:
Podedes ver a saída no seguinte vídeo:
Concerto didáctico from biblio BN on Vimeo.
luns, 16 de decembro de 2019
SOÑANDO INVENTEI
Hoxe contamos na BiblioBN coa presenza de Mª Faltri e Jorge Juncal co espectáculo "Soñando inventei", un espectáculo Trans-Formador por e para a igualdade.
SOÑANDO INVENTEI from biblio BN on Vimeo.
mércores, 4 de decembro de 2019
SAÍDA BELAS ARTES
Hoxe visitamos o Museo de Belas Artes de A Coruña. Alí fixemos un percorrido por diferentes edificacións a través da arte.
xoves, 14 de novembro de 2019
SAÍDA MERENDA CON PAN DE MILLO
Hoxe o alumnado de 5 anos asistíu ao espectáculo músico-teatral "Merenda con pan de millo", do grupo Migallas Teatro, na Coruña.


Actuación promovida polo equipo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Falamos primaria.
domingo, 13 de outubro de 2019
VISITA A BIBLIOTECA MIGUEL SANDE
Este venres visitamos a Biblioteca "Miguel Sande", de Pastoriza, para desfrutar dun conto de Samaín da man do grupo "Teatro Calavera".
Foi para morrer...de Risa!!!!
luns, 24 de xuño de 2019
SAÍDA MONTE DE SAN PEDRO
Para rematar este curso, no que estivemos inmersos/as na natureza da nosa contorna grazas ao proxecto #somosdemonte, a última saída tiña que ser a un dos montes traballados nas aulas.
E, por iso, o venres 21 subimos ao autobús rumbo ao Monte de San Pedro. Alí nos recibiron dúas monitoras de "Puertas Afuera" coas fixemos un percorrido moi interesante con diferentes paradas interpretativas para coñecer a flora e a fauna do parque.
martes, 18 de xuño de 2019
PREPARATIVOS EXPO #SOMOSDEMONTE
O xoves 20, ás 10 da mañá, imos realizar na escola unha exposición para amosar ás familias todo o traballo levado a cabo ao longo do curso en relación co proxecto #somosdemonte.
Ao longo destes días, nas aulas, estivemos levando a cabo os preparativos para a difusión deste evento tan especial:
-Os nenos e nenas de 3 anos realizaron un trailer
-As alumnas/os de 4 elaboraron diferentes carteis que colocaron en diferentes lugares do centro
FESTIVAL FIN DE CURSO
Este luns tivo lugar no Centro Cívico Cultural de Arteixo o festival de fin de curso, para o cal contamos coa presenza de Pablo Díaz, un compositor e intérprete de música infantil en lingua galega. Grazas á súa disposición e amabilidade puidemos subir ao escenario a interpretar con el tres temas do seu repertorio: "As mans" (nenos e nenas de 3 anos), "Piratas" (4 anos) e "O reloxo de Alberte" (5 anos).
Clicando na imaxe podedes visualizar todo o contido.
Moitísimas grazas Pablo!
xoves, 6 de xuño de 2019
ENCONTRO: ANXO MOURE
Onte, con motivo do Día Internacional do Medio Ambiente, contamos na biblioBN cunha actividade de dinamización da lectura e de concienciación medioambiental.
Anxo Moure nos deleitou cunha chea de historias, cancións, danzas... e todo na nosa lingua.
luns, 29 de abril de 2019
SAÍDA MONTICAÑO
O venres levamos a cabo tarefas de reforestación no parque do Monticaño. Cada aula tivo a oportunidade de plantar unha especie autóctona diferente: carballo, castiñeiro e freixo.
Agora sodes as familias as encargadas de continuar con estas actividades de reforestación empregando o loureiro e o pradairo que os nenos e nenas levaron para casa.
xoves, 21 de marzo de 2019
domingo, 4 de novembro de 2018
SAMAÍN 2018
Aquí vos deixamos algunhas das actividades que realizamos estes días con motivo da celebración do Samaín.
-Saída ao Ceip Galán para admirar a súa magnífica exposición de cabazas
-Saída ao Ceip Galán para admirar a súa magnífica exposición de cabazas
-Encontro "Medos fóra" no cal expulsamos os nosos medos grazas a unha apócema máxica
-Poesía express elaborada nas sesións de internivel e baseada na canción "No samaín" de Paco Nogueiras
mércores, 10 de outubro de 2018
xoves, 22 de outubro de 2015
OS NOSOS XOGOS: A CHAVE
VISITAMOS A PISTA DE CHAVE DE PASTORIZA, ONDE OS MEMBROS DO EQUIPO NOS EXPLICAN E FAN UNHA DEMOSTRACION DESTE XOGO POPULAR
luns, 23 de febreiro de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


