mércores, 22 de decembro de 2021

NADAL EN BARRIONOVO

 Aquí vos deixamos algunhas das actividades que realizamos na nosa escola para celebrar o nadal.

-Postais solidarias con estampación 3D


-Árbore de refugallo



-Guía de lectura



-Croma en familia

xoves, 9 de decembro de 2021

ATELIER: "FOTOGRAFANDO O ESPAZO"

Durante este mes de decembro, no espazo fedelleiro levamos a cabo un atelier de fotografía  no que os cativos/as foron quen de realizar as súas propias creacións de elementos do espazo como constelacións, planetas e galaxias empregando diferentes materiais non estruturados.





domingo, 28 de novembro de 2021

25N: TENDENDO FÍOS

Aquí vos deixamos as actividades que levamos a cabo no centro en relación co 25N. Escollemos a fermosa canción de Guadi Galego "Chea de vida" para escenificala tanto con lingua de signos como "tendendo fíos" entre todas nós.

xoves, 18 de novembro de 2021

MES DA CIENCIA EN GALEGO EN BARRIONOVO

Neste mes da ciencia...fedellamos co espazo!
Clicando na seguinte imaxe poderedes ver todas as actividades manipulativas que estamos a realizar e coas que estamos gozando moitísimo.

venres, 5 de novembro de 2021

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

 Empezamos novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Dentro de pouco ensinarémosvos o que temos preparado en Barrionovo para celebralo.

Polo momento, deixámosvos a información das actividades promovidas pola Xunta. Clicando nas imaxes podedes acceder a ela.






martes, 2 de novembro de 2021

SAMAÍN EN BARRIONOVO

 Aquí vos deixamos algunhas das actividades que realizamos na escola para celebrar o samaín.

-Pintura de cabazas ao estilo Yayoi Kusama


-Visita ás aulas da bruxa Maruxa para dramatizar a poesía express desta semana.

-Seleción de contos de samaín no expositor da entrada e elaboración de guía de lectura con recomendacións.


-Elaboración nas aulas de carautas de alien.


-Festa de disfraces.




 

luns, 21 de xuño de 2021

ENCONTROS BN: "EXPERIENCIAS DUNHA PEREGRINA"

Hoxe recibimos a visita de Lorena, nai de Antón, quen nos contou a súa experiencia como peregrina adolescente desde Francia ata Santiago de Compostela. Ensinounos moitas fotografías e ata unha noticia de prensa. Encantounos!


Moitas grazas pola visita.

venres, 18 de xuño de 2021

ENCONTROS BN NA REDE: EXPERIENCIAS DUN ALBERGUE

Este martes fixemos un videoencontro con José Luis, hospitalero nun albergue en Sarria, o cal nos aportou moitas anécdotas do camiño e información moi interesante sobre as distintas etapas do camiño francés.



mércores, 2 de xuño de 2021

INFORMATIVOS BN: ESPECIAL LETRAS GALEGAS 2021

E por fin chegou o día no que vos podemos ensinar o resultado final de tantas horas de gravación. Aquí vos deixamos o noso Especial Informativo adicado á figura de Xela Arias Castaño con toda a información que as nosas nenas e nenos foron recompilando nas aulas ao longo de todo este mes.

Agardamos que vos guste.

venres, 28 de maio de 2021

PI-XELA-ME: EDICIÓN FOTOGRÁFICA

Outra das actividades levadas a cabo neste atelier consiste na elaboración duns marcapáxinas personalizados coa silueta de cada neno/a. Para realizalos os nenos e nenas teñen que sacarse fotos de corpo completo e despois editalas para quitarlles o fondo empregando a App "Magic Eraser".



luns, 24 de maio de 2021

PI-XELA-ME: PREPARATIVOS ESPECIAL INFORMATIVO

Levamos todo o mes atarefados no noso atelier PI-XELA-ME preparando o especial informativo das Letras Galegas. Para gravar este telexornal estamos empregando varias técnicas audiovisuais como podedes ver nas seguintes imaxes. 
Xa queda menos para que poidades ver o resultado final!






mércores, 19 de maio de 2021

PI-XELA-ME: RETRATOS ARTÍSTICOS

 Aquí vos deixamos unha mostra dos traballos realizados durante a semana das Letras Galegas co retrato de Xela Arias nas aulas. Grafomotricidade creativa, acuarela... En Barrionovo somos uns artistas!



luns, 17 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 21: XELA ARIAS

Coas letras creadas polos nosos nenos e nenas no atelier PI-XELA-ME, ás que posteriormente lles sacaron fotos coa cámara polaroid para crear este stop motion, desexámosvos que pasedes un feliz Día das Letras Galegas.






xoves, 13 de maio de 2021

"MEU AVÓ PEDRO BAIXABA NA BICICLETA"

Nesta ocasión, son os nenos e nenas da aula rosa os que nos presentan as súas orixinais ilustracións acerca deste relato incluido en "Non te amola!".

luns, 10 de maio de 2021

ATELIER AUDIOVISUAL: PI-XELA-ME

Iniciamos a semana cun novo atelier no espazo fedelleiro do que imos gozar durante todo este mes de maio. Este obradoiro vai a estar adicado a Xela Arias, escritora homenaxeada este ano polas Letras Galegas, e nel os nenos e nenas achegaranse á súa figura mediante diferentes técnicas audiovisuais.


Stop Motion: despois de ler o relato de Xela Arias "Un monstro no váter", faremos a nosa propia creación orixinal empregando témperas e escobillas de váter. Todo este proceso será captado mediante a técnica do stopmotion.




Fotomatón: nun pequeno recuncho do fedelleiro habilitado para esta técnica, os nenos e nenas farán retratos coa cámara reflex os cales serán empregados para crear un grande mosaico coa cara de Xela Arias.



Cámara polaroid: con elementos naturais e da vida cotiá (cunchas, chapas, tapóns...) crearemos as letras do nome e apelido da escritora homenaxeada e sacaremos fotos coa cámara polaroid para posteriormente facer unha composición creativa.



Croma: empregaremos esta técnica para facer un "Especial InformativoBN" cos aspectos máis destacados da vida e da obra de Xela Arias. Faremos conexións en directo con reporteir@s para as que usaremos videocámaras dixitais.

Edición fotográfica: para elaborar uns marcapáxinas coas nosas propias siluetas deberemos facer primeiro unhas fotos individuais co Ipad as cales editaremos posteriormente de xeito dixital.

"HAI UN MONSTRO NO VÁTER"

Continuamos cos relatos escritos por Xela Arias cando era nova recompilados no libro "Non te amola!". Nesta ocasión, escoitamos "Hai un monstro no váter" e posteriormente os cativ@s fixeron as súas ilustracións.











xoves, 6 de maio de 2021

NON TE AMOLA!

Xa estamos no mes das Letras Galegas e unha das actividades que estamos llevando a cabo na escola en relación coa figura de Xela Arias é a lectura dos seus relatos recollidos no fermoso libro titulado “Non te amola!”. Cada día na hora do conto imos ler unha destas pequenas historias e, ao finalizar, cada nen@ realizará no seu caderno unha ilustración que reflicta o narrado, emulando así a Luz Beloso (ilustradora do conto). Unha vez feitas todas as ilustracións pasaremos a amosarlles a do propio conto e comprobaremos se se parece en algo ás nosas.

Hoxe os nenos e nenas da aula laranxa comezaron co relato titulado "Pensei que escribir un libro podía ser unha causa ben inútil".

Aquí tedes as súas ilustracións.