luns, 18 de maio de 2020

DIA DOS MUSEOS

Hoxe é o día internacional dos museos... premede na seguinte imaxe para ver as actividades propostas:

domingo, 17 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020 RESULTADOS

Aquí temos os resultados finais das actividades realizadas nas casas dos nenos e nenas sobre RICARDO CARBALLO CALERO, homenaxeado deste ano 2020 das LETRAS GALEGAS:







xoves, 14 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS


Cada 17 de maio, na cerna da primavera, celebramos que en Galicia temos unha lingua e unha literatura propia. A través dela rememoramos o pasado, nomeamos o presente e construímos o futuro.




Ricardo Carballo [Carvalho] Calero


Ricardo Carvalho Calero foi un gran escritor galego. Naceu na cidade coruñesa de Ferrol. Defendeu o idioma galego, escribiu moitos libros no noso idioma e traballou en moitas revistas galegas. Un dos seus libros máis famosos para os nenos e nenas é As pitas baixo a choiva. Neste libro Ricardo conta unha cousa que lle pasou de pequeno cando quería recoller as galiñas que se mollaban coa choiva e acabaron todos mollados como pitos: as galiñas, el e toda a súa familia. Este ano 2020 a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras, polo seu traballo en defensa do idioma galego e da nosa cultura.



Aquí tendes algunhas actividades para realizar na casa sobre este autor e a sua obra: