Contamos coa participación das familias expertas en temas do proxecto deste curso.
Amosando publicacións coa etiqueta ENCONTROS b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ENCONTROS b>. Amosar todas as publicacións
martes, 8 de outubro de 2024
luns, 13 de maio de 2024
Encontro con Ana Edreira
Para dar comezo á Semana das Letras Galegas, hoxe pola tarde contamos no espazo fedelleiro coa visita de Ana Edreira, intérprete da canción "Isto é Pastoriza".
Antes da súa chegada, a profe Lara púxonos a mover o esqueleto con muiñeiras e bailes tradicionais galegos.
Pablo Mariño, autor da letra, foi o encargado de facer as presentacións e explicar a orixe deste himno de Pastoriza. A continuación, familias e rapazada puxéronse mans á obra para acompañar a Ana coas palmas e coas voces.
Moitísimas grazas Ana e Martín por agasallarnos coa vosa presenza!
mércores, 12 de abril de 2023
ENCONTROS BN: PAULA CARBALLEIRA
Paula Carballeira, escritora, actriz e narradora oral, entre outras facetas, visitará a nosa escola para compartir en familia o xeito de ler e contar contos, como ela tan ben o fai.
martes, 4 de abril de 2023
ENCONTROS BN: COMPARTINDO INFORMACIÓN
As mestras María e Silvia estiveron a investigar sobre o lume e as ferramentas ao longo da prehistoria.
luns, 21 de xuño de 2021
ENCONTROS BN: "EXPERIENCIAS DUNHA PEREGRINA"
Hoxe recibimos a visita de Lorena, nai de Antón, quen nos contou a súa experiencia como peregrina adolescente desde Francia ata Santiago de Compostela. Ensinounos moitas fotografías e ata unha noticia de prensa. Encantounos!
venres, 18 de xuño de 2021
ENCONTROS BN NA REDE: EXPERIENCIAS DUN ALBERGUE
Este martes fixemos un videoencontro con José Luis, hospitalero nun albergue en Sarria, o cal nos aportou moitas anécdotas do camiño e información moi interesante sobre as distintas etapas do camiño francés.
venres, 11 de xuño de 2021
mércores, 9 de xuño de 2021
martes, 18 de maio de 2021
ENCONTROS BN: MICO RABUÑAL
Hoxe recibimos a visita de Mico Rabuñal, escultor coruñés que emprega a técnica do pop art. Clicando na seguinte imaxe podedes ampliar a información.
xoves, 25 de marzo de 2021
ENCONTROS BN NA REDE: EXPERIENCIAS DUNHA PEREGRINA
Este mércores tivemos un encontro moi especial: Paula, familiar de Andrea, contounos as súas experiencias realizando o Camiño de Santiago francés. Para saber máis preme na seguinte imaxe.
E despois, lembrando o que Paula nos contara, estivemos elaborando os nosos propios menús do peregrino axudándonos tamén dos bits 7 os cales están relacionados coa gastronomía galega.
xoves, 26 de novembro de 2020
xoves, 27 de febreiro de 2020
DÍA DE ROSALÍA 2020
Neste día fixemos un pequeno percorrido pola biografía e obra de Rosalía de Castro para despois escoller versos dos seus poemas que invadirán todo o noso cole.
Primeiro visionamos este marabilloso vídeo realizado pola rapazada da BiblioAnxo, biblioteca do CEIP "Anxo da Garda" da Coruña, para conmemorar o Día de Rosalía, e no que se ilustra perfectamente o emigrante da Galicia daquela época.
Grazas por compartir este traballo!
Despois de ver o vídeo falamos do que viron, que estarían a facer... e lemos outra poesía de Rosalía que fala da emigración, da morriña e da nostalxia.
De seguido vimos o conto en imaxes "Morriña" de Paula Ventimiglia, que ben podería ilustrar a historia de Rosalía de Castro.
E coma Rosalía foi a poeta dos emigrantes escoitamos "Adios Ríos, adios fontes" musicado por Evoéh
Por último decidimos escoller algúns destes versos, e por equipos interniveis, escribilos para encher as nosas escaleiras.
Agora os versos de Rosalía acompañarannos acotío!!
xoves, 24 de outubro de 2019
ENCONTRO MUSICAL: FOLCLORE GALEGO
Estas semanas na clase de música soupemos que Clave de Sol e Clave de Fa andan de viaxe polo mundo en caravana.
Primeira parada: Galicia e a súa música e tradicións.
Grazas a Miguel, Iria e Isma hoxe gozamos do noso folclore.
Para agradecerlles a visita entregámoslles unha pandeireta 3D
GRAZAS!!
martes, 22 de outubro de 2019
ENCONTRO FOLCLORE GALEGO
xoves, 6 de xuño de 2019
ENCONTRO: ANXO MOURE
Onte, con motivo do Día Internacional do Medio Ambiente, contamos na biblioBN cunha actividade de dinamización da lectura e de concienciación medioambiental.
Anxo Moure nos deleitou cunha chea de historias, cancións, danzas... e todo na nosa lingua.
xoves, 25 de abril de 2019
ENCONTRO: REFORESTACIÓN
Hoxe en Barrionovo tivo lugar unha visita moi especial. Dentro do noso proxecto #somosdemonte, contamos coa presenza de Armando que nos veu falar da importancia do coidado dos nosos montes para evitar os perigos dos incendios. Con el aprendemos os accesorios que precisan os bombeiros forestais para protexerse cando están facendo o seu traballo, así como a importancia de levar a cabo tarefas de reforestación para recuperar os montes queimados.
Para finalizar o encontro, Armando escolleu o conto "A pequena árbore" de Ánxeles Ferrer publicado pola editorial Xerais.
E como colofón a esta actividade, cada neno e nena puido levar para casa unha das arboriñas (loureiros, pradairos e carballos) que nos trouxo o noso convidado especial para poder levar a cabo accións de reforestación coas súas familias.
Pasamos un rato moi divertido e aprendemos un montón de cousas. Moitísimas grazas por todo!
venres, 22 de marzo de 2019
ENCONTROS CON FAMILIAS: #SOMOSDEMONTE
Neste segundo trimestre seguimos compartindo experiencias relacionadas co noso proxecto anual #somosdemonte coas familias do alumnado.
Na biblioBN contamos coa visita da tía e da irmá de Ainara Souto que nos viñeron a falar do Monte e do Castro de Santa Tegra.
E tamén recibimos á nai de Iago coa que aprendemos moitas cousas sobre unha especie invasora como é o plumeiro da pampa.
No noso horto contamos cunha axuda moi especial, o pai de Ainara Carril quen quixo compartir con nós os seus coñecementos hortícolas e con el plantamos repolos e col kale.
Preme nas imaxes para ampliar a información.
Moitísimas grazas a todos polas vosas aportacións!
sábado, 19 de xaneiro de 2019
COMPARTINDO INFORMACIÓN DOS MONTES GALEGOS
Esta semana, na biblioBN, tivo lugar un encontro no que os nenos e nenas das tres aulas puxeron en común todo o aprendido en relación cos montes de Galicia traballados no primeiro trimestre: monte Xalo, monte Neme, serra do Xurés e serra dos Ancares. Ademais, en cada aula fixéronse investigacións exahustivas sobre algúns animais que habitan nestes montes: porco teixo, esquío, raposo, furón, peto, merlo, pega, xabarín e porco espiño, e o resultado das mesmas foi compartido neste encontro tan interesante.
Premendo na seguinte imaxe atoparedes todas as imaxes desta actividade.
venres, 28 de decembro de 2018
AS FAMILIAS TAMÉN #SONDEMONTE
Durante este primeiro trimestre contamos coa colaboración de varios familiares que quixeron acompañarnos para explicarnos diferentes aspectos relacionados co noso proxecto anual #somosdemonte.
-O avó de Artai explicounos cal é o traballo dun apicultor
-Co pai de Artai aprendemos moitas cousas sobre os cogomelos e a súa recolleita
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




























