BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

Amosando publicacións coa etiqueta artesanía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta artesanía. Amosar todas as publicacións

mércores, 30 de abril de 2025

CERÁMICA DE SARGADELOS

Durante todo o mes de abril para conmemorar o Día das Artes Galegas e, mais concretamente a figura de Isaac Díaz Pardo, levamos a cabo no espazo fedelleiro un obradoiro de cerámica de Sargadelos.

Empregando masa de modelar creamos os nosos propios pratiños aos que despois lles estampamos con tinta diferentes motivos propios das vaixelas de Sargadelos.


xoves, 26 de setembro de 2019

IV CONCURSO FOTOGRÁFICO: OFICIOS ARTESANAIS

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Escola Infantil de Barrionovo, en colaboración coa BiblioBN, convídanvos a participar no IV Concurso de fotografía: oficios artesanais.
Animádevos!


venres, 9 de novembro de 2018

ENTREGA DE AGASALLOS

Hoxe, na biblioBN, fixemos entrega dos agasallos aos participantes no III Concurso de Fotografía dos Oficios Artesanais da Romaría de San Miguel.


Os premiados/as cun orixinal crebacabezas de madeira foron Chlöe, Sofía e Erik, da aula de 4 anos, e Daniela e Ainara da aula de 5 anos. Parabéns!


martes, 16 de outubro de 2018

PRIMEIRAS FOTOGRAFÍAS DO CONCURSO

Van chegando as primeiras fotografías dos participantes no III Concurso de Fotografía dos Oficios Artesanais da Romaría de San Miguel.
Animádevos! Participar ten premio!


venres, 28 de setembro de 2018

III CONCURSO FOTOGRÁFICO: OFICIOS ARTESANAIS

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Escola Infantil de Barrionovo, en colaboración coa BiblioBN, convídanvos a participar no III Concurso de fotografía: oficios artesanais.
Animádevos!




domingo, 13 de novembro de 2016

CONCURSO FOTOGRAFICO: OFICIOS ARTESANAIS

A biblioBN e o EDLG veñen de convocar un Concurso Fotográfico co gallo da Romaría de San Miguel de Pastoriza. O Concello e a Asociación Cultural O Grilo sumaron esforzos para recuperar a histórica Feira de Madeira. Desde a escola convidamos ás familias a visitala e fotografar todos os oficios tradicionais que nela se mostraban: cesteiras, carpinteiros, zoqueiros, oleiras,afiadores, tecelás e fiandeiras...

 

Esta é a foto gañadora:


E estas as participantes:
 


 



Tod@s @s participantes recibirán un agasallo.


martes, 25 de outubro de 2016

CONCURSO FOTOGRÁFICO OFICIOS ARTESANAIS

ESTE CURSO, ESTAMOS A TRABALLAR OS OFICIOS TRADICIONAIS. Co gallo da Romeria de San Miguel de Pastoriza, o EDLG e a BIBLIOBN convocan un concurso de FotografIa






xoves, 15 de outubro de 2015

MUIÑOS, MUIÑADAS E MUIÑEIRAS

CO GALLO DA FEIRA HISTORICA DE 1900, ADICADA ESTE ANO ÓS MUIÑOS, TRABALLAMOS UNHA ESTROFA DUNHA CANTIGA POPULAR GALEGA 


PINCHADE NA IMAXE PARA VER TODO O TRABALLO

domingo, 15 de marzo de 2015

OFICIOS TRADICIONAIS

VISITANOS RAQUEL, UNHA REDEIRA QUE NOS ENSINOU MOITAS COUSAS DO SEU OFICIO, UN DOS POUCOS TRADICIONAIS E ARTESANAIS DA CULTURA GALEGA.