BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

Amosando publicacións coa etiqueta horto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta horto. Amosar todas as publicacións

xoves, 24 de outubro de 2024

ELEMENTOS DE OUTONO

 Debullamos mazorcas de millo.


Valeiramos cabazas polo samaín.




Aprendemos os perigos que pode ocasionar tocar ou manipular cogomelos. Utilizamos a app lens para identificar os que sairon nunha das macetas do noso patio.





martes, 26 de setembro de 2023

A HORTA DE RAMÓN E MARI

Onte os tíos de Ainara e Leire (ex alumnas da nosa escola) invitáronnos a ver como recollían millo e cabazas na súa horta.
Con eles aprendemos novas cousas da horta e puidemos levar millo e cabazas para decorar polo Samaín. 
Grazas familia!

Na aula seguiremos a investigar sobre estes produtos da horta. A nosa contorna máis próxima está a ser a base do noso PDI.
Por último, recordamos e cantamos "Pan de Millo" de Migallas, un dos nosos grupos musicais preferidos.

luns, 15 de marzo de 2021

NO HORTOBN PLANTAMOS...

Estes días os nenos e nenas da aula azul estiveron a plantar amorodos, leitugas e tomates no noso horto escolar.


E unha vez feito o traballo, deixaron constancia do mesmo na súa libreta de aula.



venres, 18 de outubro de 2019

ENCONTXO lecto-hortícola

Este venres na BiblioBn o famoso "Coelliño Branco" foi apañar "Nabizas", en lugar de "Coles", para un caldiño.
Esta historia serviu para introducir o tema e aproveitar para plantar as nabizas no noso horto.

venres, 22 de febreiro de 2019

#LIBREOMEUPENSAMENTO: "ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES"

A poesía express deste martes, como non podía ser doutro xeito, estivo adicada a Rosalía de Castro. Empregamos un dos seus poemas máis célebres para realizar un camiño sensorial moi interesante.


Ao rematar este camiño e ir recompilando os versos para compoñer o poema, decidimos plantalo no noso horto.


A próxima semana descubriremos o resultado.

mércores, 8 de abril de 2015

O TEU PEREXIL......SEMBRAO EN ABRIL

OS HABITANTES DA RUA LARANXA SEMENTARON PEREXIL, COMO INDICA O REFRÁN DESDE MES.HABERÁ QUE ESPERAR UN TEMPIÑO, A VER SE A SABIDURÍA TRADICIONAL GALEGA TEN RAZÓN.

mércores, 19 de novembro de 2014

COMEZAN A CHEGAR RECEITAS

Sara trouxonos esta receita de pure de castañas, empregando a nosa PLANTILLA. Podedes descargalo dende o blogue, ou pedir unha copia na escola. 


IMPORTANTE: As receitas deben estar EN GALEGO

mércores, 12 de novembro de 2014

AS RECEITAS DO BARRIO

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, queremos recompilar receitas elaboradas con produtos típicos e autóctonos dos nosos hortos e árbores. Cada mes adicaremolo a un destes produtos, que son os protagonistas nos calendarios que iremos colgando neste blogue. Tamén poderedes descargar os modelos para cubrir as vosas receitas. Aqui vos deixamos a plantilla para as RECEITAS DE CASTAÑAS. ¡A COCIÑAR!



mércores, 29 de outubro de 2014

Os refrans do mes

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega elaborou para o curso 2014-2015 uns calendarios de aula adicados a cultivos propios do tempo, acompañados do seu refrán correspondente.



Cada aula empregao nas suas rutinas diarias, e traballa sobre el.