BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

Amosando publicacións coa etiqueta arte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta arte. Amosar todas as publicacións

mércores, 30 de abril de 2025

CERÁMICA DE SARGADELOS

Durante todo o mes de abril para conmemorar o Día das Artes Galegas e, mais concretamente a figura de Isaac Díaz Pardo, levamos a cabo no espazo fedelleiro un obradoiro de cerámica de Sargadelos.

Empregando masa de modelar creamos os nosos propios pratiños aos que despois lles estampamos con tinta diferentes motivos propios das vaixelas de Sargadelos.


martes, 18 de maio de 2021

ENCONTROS BN: MICO RABUÑAL

Hoxe recibimos a visita de Mico Rabuñal, escultor coruñés que emprega a técnica do pop art. Clicando na seguinte imaxe podedes ampliar a información.



xoves, 25 de febreiro de 2021

DÍA DE ROSALÍA 2021

Hoxe celebramos o Día de Rosalía. Como sabedes, durante este día tan especial levamos a cabo a gravación do videoclip do novo éxito das Punk and Blues teachers, ROCKSALÍA. Para isto empregamos a técnica do croma.



E como na nosa escola rebosamos arte en todas as súas expresións, rematamos o día acuarelando o retrato desta icónica poetisa galega.






sábado, 30 de xaneiro de 2021

DÍA DA ILUSTRACIÓN 2021

Hoxe, ademais do Día da Paz e Non Violencia, celébrase o Día da Ilustración coincidindo coa data de nacemento de Castelao. A homenaxeada deste ano e Lolita Díaz Baliño (1905-1963) que foi unha pioneira artista multidisciplinar que desafiou as convencións sociais da época. Destacou na ilustración, na pintura e na fotografía. 

Na escola estamos a traballar con esta fermosa ilustración de Lolita Díaz na que representa a unha peregrina camiño a Compostela.



Clicando na seguinte imaxe podedes ampliar a información sobre esta artista e consultar a programación de actividades conmemorativas deste día.



luns, 18 de maio de 2020

DIA DOS MUSEOS

Hoxe é o día internacional dos museos... premede na seguinte imaxe para ver as actividades propostas:

mércores, 1 de abril de 2020

DÍA DAS ARTES GALEGAS

Hoxe comezamos o mes de Abril, 
homenaxeando a Domingo de Andrade (arquitecto)


HOXE 1 DE ABRIL CELEBRAMOS O "DÍA DAS ARTES GALEGAS"
A Real Academia de Belas Artes, foi creada para promocionar as artes e o patrimonio cultural galego, e conmemora o 1 de abril o "Día das artes galegas", que este ano está adicado o Arquitecto galego Domingo Antonio de Andrade.
(Cee 1639 - Santiago 1712)


A obra súa obra máis salientable está sen dúbida na cidade de Santiago de Compostela e na súa catedral: a Torre do Reloxo (1680), que modifica a sua base medieval para convertela unha obra do barroco.

                                   



 Outra das suas obras máis recoñecidas foi a que Domingo de Andrade fixo no Convento de Santo Domingo de Bonaval: 

"TRIPLE ESCALEIRA HELICOIDAL"


Foi construída para organizar o espazo de circulación entre os distintos andares. Consta de 3 ramplas despregadas nunha triple hélice sen que chegen a cruzarse nunca entre sí. Os chanzos están suxeitos só na parede. A cúpula que cobre o cilindro da caixa da escaleira está furada por catro fiestras que dan luz, orientadas os catro puntos cardinais.

Despois de coñecer un pouco a súa obra imos desfrutar dunha marabillosa poesía express


Por último a BiblioBn propón dous retos para conmemorar este día:

DESAFÍO 1: construír unha torre, coma vos queirades, e cos materiais que teñades a man, iso sí, non esquezades poñer o reloxo. Aí van 4 exemplos:



DESAFÍO 2: Traballo de investigación sobre o número de chanzos dalgúns dos monumentos máis coñecidos do mundo. Terán máis ca escaleira de Domingo de Andrade? Averigüa e compara.



Chegan as primeiras "Torres do Reloxo"


CALENDARIO ABRIL


venres, 6 de marzo de 2020

mércores, 4 de decembro de 2019

SAÍDA BELAS ARTES

Hoxe visitamos o Museo de Belas Artes de A Coruña. Alí fixemos un percorrido por diferentes edificacións a través da arte.




luns, 23 de setembro de 2019

MARÍA CASARES

Nestes días, nas aulas, estamos a traballar a artista galega que aparece no noso calendario mensual. Primeiro buscamos a información en internet, analizámola entre todos/as e, despois, pasamos eses coñecementos ao papel.


martes, 10 de setembro de 2019

CALENDARIO SETEMBRO

Comezamos curso cun novo calendario. 
Nesta ocasión, empregaremos as estrofas relativas á canción estreada hai uns días pola Mesa pola Normalización Lingüística "Os meses do ano" interpretada por Magín Blanco.


Ademais, tendo en conta o noso proxecto anual #mesturArte, tamén traballaremos cada mes unha modalidade artística diferente (cine, escultura, pintura, danza...) representada por algún artista ou artistas galegos.
Aquí vos deixamos o primeiro dos meses no que falaremos do cine da man de María Casares.