domingo, 13 de novembro de 2016

Guía de Lectura: Queremos Ciencia en Galego

No Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, a BIBLIOBN edita unha guía íntegra en castelán xa que non atopamos fondos axeitados á nosa idade  en galego.
 
 

CONCURSO FOTOGRAFICO: OFICIOS ARTESANAIS

A biblioBN e o EDLG veñen de convocar un Concurso Fotográfico co gallo da Romaría de San Miguel de Pastoriza. O Concello e a Asociación Cultural O Grilo sumaron esforzos para recuperar a histórica Feira de Madeira. Desde a escola convidamos ás familias a visitala e fotografar todos os oficios tradicionais que nela se mostraban: cesteiras, carpinteiros, zoqueiros, oleiras,afiadores, tecelás e fiandeiras...

 

Esta é a foto gañadora:


E estas as participantes:
 


 



Tod@s @s participantes recibirán un agasallo.