Amosando publicacións coa etiqueta MULLER b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MULLER b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 15 de outubro de 2025
DÍA DAS ESCRITORAS 2025
Festexamos este día coa representación dun poema de María do Carme Kruckenberg, extraído da escolma realizada polas Bibliotecas Escolares de Galicia para esta conmemoración.
xoves, 1 de decembro de 2022
venres, 11 de febreiro de 2022
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Esta semana celebramos o Día da muller e a nena na ciencia cun EncontXo Poético no que a mestra Xeila leunos o conto rimado "Ada magnífica científica". Unha historia dunha nena con grande curiosidade e aspiracións científicas.
domingo, 28 de novembro de 2021
25N: TENDENDO FÍOS
Aquí vos deixamos as actividades que levamos a cabo no centro en relación co 25N. Escollemos a fermosa canción de Guadi Galego "Chea de vida" para escenificala tanto con lingua de signos como "tendendo fíos" entre todas nós.
martes, 29 de decembro de 2020
ELECCIÓN DA HOMENAXEADA NAS LETRAS GALEGAS 2021
A Real Academia Galega dedicaralle o Día das Letras Galegas 2021 a Xela Arias, unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea.
En Barrionovo xa nos estamos poñendo ao día para homenaxear a esta autora como merece durante o mes de maio.
domingo, 5 de marzo de 2017
ENCONTRO CON ELI RIOS
Eli Ríos visitou a biblioBN e mostrounos a vida e obra de María Victoria Moreno co seu libro da Colección Mulleres Bravas da Nosa Historia daEditorial URCO.
Achegounos á figura desta mestra e escritora que namourou da nosa terra e da nosa língua. Leunos as súas historias que queren que, como ela, amemos"a beleza da paisaxe, da vida, das persoas e das palabras".
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


-1.jpg)









