BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

Amosando publicacións coa etiqueta STOP MOTION. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta STOP MOTION. Amosar todas as publicacións

mércores, 23 de febreiro de 2022

#SementadePensamentos. Día de Rosalía 2022

En Barrionovo levamos todo o mes falando de Rosalía de Castro e facendo diferentes actividades para conmemorar o aniversario do seu nacemento.

Agora tócanos ensinarvos o noso produto final froito de moitos días de traballo. Seguindo a proposta feita pola AELG titulada #SementadePensamentos elaboramos os nosos propios vídeos empregando a técnica do stop motion nos que os cativ@s sementaron os seus pensamentos e deles naceron as flores favoritas de Rosalía, os pensamentos.

Aquí vos deixamos as producións de cada aula. Agardamos que vos gusten!

Feliz Día de Rosalía! 

Aula de 3 anos

Aula de 4 anos

Aula de 5 anos

martes, 18 de maio de 2021

PI-XELA-ME: STOP MOTION

Aquí vos deixamos o resultado do stop motion realizado en cada aula para representar aos nosos propios monstros do váter empregando a témpera e as escobillas.




luns, 17 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 21: XELA ARIAS

Coas letras creadas polos nosos nenos e nenas no atelier PI-XELA-ME, ás que posteriormente lles sacaron fotos coa cámara polaroid para crear este stop motion, desexámosvos que pasedes un feliz Día das Letras Galegas.






luns, 10 de maio de 2021

ATELIER AUDIOVISUAL: PI-XELA-ME

Iniciamos a semana cun novo atelier no espazo fedelleiro do que imos gozar durante todo este mes de maio. Este obradoiro vai a estar adicado a Xela Arias, escritora homenaxeada este ano polas Letras Galegas, e nel os nenos e nenas achegaranse á súa figura mediante diferentes técnicas audiovisuais.


Stop Motion: despois de ler o relato de Xela Arias "Un monstro no váter", faremos a nosa propia creación orixinal empregando témperas e escobillas de váter. Todo este proceso será captado mediante a técnica do stopmotion.




Fotomatón: nun pequeno recuncho do fedelleiro habilitado para esta técnica, os nenos e nenas farán retratos coa cámara reflex os cales serán empregados para crear un grande mosaico coa cara de Xela Arias.



Cámara polaroid: con elementos naturais e da vida cotiá (cunchas, chapas, tapóns...) crearemos as letras do nome e apelido da escritora homenaxeada e sacaremos fotos coa cámara polaroid para posteriormente facer unha composición creativa.



Croma: empregaremos esta técnica para facer un "Especial InformativoBN" cos aspectos máis destacados da vida e da obra de Xela Arias. Faremos conexións en directo con reporteir@s para as que usaremos videocámaras dixitais.

Edición fotográfica: para elaborar uns marcapáxinas coas nosas propias siluetas deberemos facer primeiro unhas fotos individuais co Ipad as cales editaremos posteriormente de xeito dixital.

venres, 1 de xuño de 2018

FEIRÓN DA NOSA LINGUA: FECHO

Onte rematou o mes de maio e en Barrionovo puxémoslle o "fecho" ao Feirón da nosa lingua.


Aquí tedes unha recompilación de todas as palabras traballadas ao longo deste mes.