Para comezar a xornada do martes contamos coa visita do noso Don Paco particular quen nos agasallou cunha fermosa poesía express de Manuel María titulada "Galicia".
A continuación, fomos subindo á biblioBN en equipos mixtos para descubrir "As cousas de Don Paco", as cales estaban agochadas en 5 caixas coas súas respectivas adiviñas. Os nenos e nenas maiores foron lendo as adiviñas e, entre todos, tentamos descifrar o obxecto escondido.
Unha vez resolto o acertixo, explicamos a historia de cada obxecto (lapis, reloxo, lupa, máquina de escribir e cámara fotográfica) e a importancia do mesmo na vida de Don Paco.
Para facer esta actividade baseámonos na obra teatral creada por Eva Mejuto e ilustrada por Lucía Cobo para a Real Academia Galega en primaveradasletras.gal
Ningún comentario:
Publicar un comentario