BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

luns, 10 de maio de 2021

ATELIER AUDIOVISUAL: PI-XELA-ME

Iniciamos a semana cun novo atelier no espazo fedelleiro do que imos gozar durante todo este mes de maio. Este obradoiro vai a estar adicado a Xela Arias, escritora homenaxeada este ano polas Letras Galegas, e nel os nenos e nenas achegaranse á súa figura mediante diferentes técnicas audiovisuais.


Stop Motion: despois de ler o relato de Xela Arias "Un monstro no váter", faremos a nosa propia creación orixinal empregando témperas e escobillas de váter. Todo este proceso será captado mediante a técnica do stopmotion.




Fotomatón: nun pequeno recuncho do fedelleiro habilitado para esta técnica, os nenos e nenas farán retratos coa cámara reflex os cales serán empregados para crear un grande mosaico coa cara de Xela Arias.



Cámara polaroid: con elementos naturais e da vida cotiá (cunchas, chapas, tapóns...) crearemos as letras do nome e apelido da escritora homenaxeada e sacaremos fotos coa cámara polaroid para posteriormente facer unha composición creativa.



Croma: empregaremos esta técnica para facer un "Especial InformativoBN" cos aspectos máis destacados da vida e da obra de Xela Arias. Faremos conexións en directo con reporteir@s para as que usaremos videocámaras dixitais.

Edición fotográfica: para elaborar uns marcapáxinas coas nosas propias siluetas deberemos facer primeiro unhas fotos individuais co Ipad as cales editaremos posteriormente de xeito dixital.

Ningún comentario:

Publicar un comentario