Hoxe celebramos o Día das árbores e a poesía cunha xornada de investigación no Monticaño.
Comezamos cunha asamblea cantada para despois, por clases, ir de ruta en busca de tesouros, árbores, prantas… que despois seguiremos a investigar nas aulas.
Paramos para merendar e xogar e rematamos a xornada cunha poesía adicada a primaveira, que deu comezo onte.
Durante o percorrido recoñecimos Piñeiros, Carballos, Abetos, Plátano de sombra, Camelias...
Ningún comentario:
Publicar un comentario