Este martes e con motivo do día mundial do medioambiente que foi a fin de semana pasada, 5 de xuño, o profe Pablo tiña unha sorpresa preparada para as tres clases. Primeiramente leunos un poema marabilloso do poeta galego Manuel María titulado "A natureza". Despois debatimos sobre o poema, que era a natureza, a importancia que ten para o noso planeta terra e que cousas podiamos facer nós para poder tela nas mellores condicións posibles. Finalmente, a partir das nosas mans deixamos as nosas pegadas creando un planeta terra ideal. Grazas profe Pablo por esta fantástica actividade!
Ningún comentario:
Publicar un comentario