Volveron a chamar as peregrinas, desta vez resolvemos o primeiro reto, o camiño comeza na Coruña e chámase camiño inglés. Como premio regaláronnos unha credencial a cada un/ha co primeiro cuño "A torre de Hércules".
Logo lanzaron o segundo: Que precisamos para facer o camiño? Elas sempre nos axudan un pouco e por iso volveron a deixar algunha pista nos bauis das aulas.
Podedes ver no seguinte video como aconteceu todo:
Antes de marchar imos contar un pequeno segredo, polo cole sempre hai algunha pista. Este día cando os nenos e nenas entraron había unha mochila con moitos utensilios que necesitan e levan os pregríns para facer o camiño. Sempre se hai que fixar para as pistas dos retos atopar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario