jueves, 21 de noviembre de 2019

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

Onte celebramos o Día Internacional dos Dereitos da Infancia. 
Presentamos o libro Os Dereitos da Infancia de Editorial Xerais, e coñecemos a Greta Thunberg, unha nena coma nós que ven de denunciar á ONU por vulnerar os nosos dereitos ao non tomar medidas suficientes ante a emerxencia climática mundial.
Ademais de revisar cales son os nosos dereitos como nenos e nenas, vimos a Greta falando na ONU e propuxemos medidas ao noso alcance para contribuir ao coidado do noso planeta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario