venres, 10 de maio de 2019

EN GALEGO... TAMÉN CONTAMOS

Iniciamos maio, o mes das Letras Galegas, e contamos coa visita de dúas familias que nos quixeron agasallar coa lectura de diferentes contos na nosa lingua.
Por unha banda, a nai de Artai leunos "Simone de Beauvoir" da colección Pequena e Grande e "A vaca que puxo un ovo".


E Toni, o pai de Ainara, contounos a divertida historia de "Unha parella diferente".


Moitísimas grazas familias!

Ningún comentario:

Publicar un comentario