BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

venres, 18 de novembro de 2022

MES DA CIENCIA EN GALEGO

 PROPOSTAS PARA O MES DA CIENCIA NO ESPAZO FEDELLEIRO

#PEGADASOCULTAS: A EVOLUCIÓN DA VIDA

HADEANO: A TERRA ERA LAVA (con impresión 3D)

ARCAICO: CÉLULAS PROCARIOTAS (AS BACTERIAS): VISUALIZADO NA MESA DE LUZ E MICROSCOPIO

PROTEROZOICO: A TERRA CONXELASE, A VIDA SEGUE AÍ (cubos de xeo con bacterias no interior)

CÁMBRICO: A VIDA ACUATICA EVOLUCIONA. OS SERES VIVOS TOMAN DIFERENTES FORMAS: TRILOBITES, PIKAIAS E ESPONXAS (aparecen os esqueletos, aparatos dixestivos, ollos... (bolas de xel e impresión 3D)

PÉRMICO: A formación de PANGEA e a era dos DINOSAURIOS (material de paleontoloxía, buscamos fósiles de dinos).



venres, 11 de novembro de 2022

Magosto 2022

 Grazas ao ANPA, familias, e a toda a comunidade, por este día de compartir e festexar as nosas tradicións


mércores, 2 de novembro de 2022

Festexando o Samaín

E así o festexamos... primeiro na Biblio Galán
 Un conto de MEDO "A estraña sorpresa", da man de Pablo, exalumno da escola, e máis un xogo de pistas, con personaxes terroríficas!
Grazas Pablo e Iván!
 Fantástica lectura!

Despois... de visita polo túnel do terror e a exposición de cabazas!


Grazas pola invitación!!
E a acollida!

martes, 25 de outubro de 2022

Na Cociña da bruxa... Galletas de Samaín





Despois de escoitar que cousas hai na cociña da Bruxa...

 TOCA POÑERSE A COCIÑAR!

No espazo Fedelleiro estase a cocer un obradoiro de cociña durante toda a semana. A aula azul xa cociñou unhas ricas galletas co ingrediente protagonista desta semana de Samaín: CABAZA!!!! 

Cada día da semana, cada aula cociñará cadansúas galletas.




SE QUEREDES COCIÑAR NA CASA, ESTA É A RECEITA QUE NOS TROUXO A BRUXA:

Día das Bibliotecas: "A pantasma das bragas rotas"

Hoxe, día das bibliotecas, celebrámolo con este fantástico conto "A pantasma das bragas rotas", de Nube ocho ediciones, a través dun teatriño de sombras.
Pasámolo de MEDO!!

E despois... fixemos entrega dos carnés dos novos usuarios da biblioteca.
Feliz Día das Bibliotecas!!