Comezan a saír as primeiras mochilas da okupación escornabótica.
venres, 26 de febreiro de 2021
xoves, 25 de febreiro de 2021
ROCKSALÍA
E aquí tedes a nosa aportación á proposta feita este año pola AELG para conmemorar o Día de Rosalía de Castro.
Un rock creado polas Punk and Blues teachers no que se inclúen uns versos de Follas Novas marabillosamente recitados polos nosos nenos e nenas.
A rockear!!
DÍA DE ROSALÍA 2021
martes, 23 de febreiro de 2021
CONCURSO DÍA DE ROSALÍA. ASOCIACIÓN "O GRILO"
A Asociación "O Grilo" de Pastoriza organiza un concurso co gallo do Día de Rosalía.
Se vos animades a participar, clicade na seguinte imaxe para coñecer as bases.
luns, 22 de febreiro de 2021
PREPARATIVOS DÍA DE ROSALÍA 2021
Este mércores día 24 celebraremos o Día de Rosalía e, seguindo as indicacións da AELG, estamos a argallar unha actividade musical.
Na aula de 5 anos estivemos completando unha misión consistente en recompilar fotografías de Rosalía e dos lugares importantes da súa vida. Para isto empregamos as seguintes páxinas web:
https://www.rutarosaliana.gal/es/
Ademais, hoxe os nenos e nenas levaron estas indicacións para casa.
Seguide ben atent@s se queredes saber de que trata todo isto.








