BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

sábado, 30 de xaneiro de 2021

DÍA DA ILUSTRACIÓN 2021

Hoxe, ademais do Día da Paz e Non Violencia, celébrase o Día da Ilustración coincidindo coa data de nacemento de Castelao. A homenaxeada deste ano e Lolita Díaz Baliño (1905-1963) que foi unha pioneira artista multidisciplinar que desafiou as convencións sociais da época. Destacou na ilustración, na pintura e na fotografía. 

Na escola estamos a traballar con esta fermosa ilustración de Lolita Díaz na que representa a unha peregrina camiño a Compostela.



Clicando na seguinte imaxe podedes ampliar a información sobre esta artista e consultar a programación de actividades conmemorativas deste día.



venres, 29 de xaneiro de 2021

DÍA DA PAZ 2021: PEDRAS NO CAMIÑO

Este curso celebramos o Día da Paz relacionándoo co noso proxecto #camiñanteSIhaicamiño.

Aquí vos deixamos unha mostra das actividades que fixemos.


E a letra da nova canción das "Pink and Blue Teachers" que combina o galego co english por se a queredes aprender na casa.



martes, 29 de decembro de 2020

ELECCIÓN DA HOMENAXEADA NAS LETRAS GALEGAS 2021

A Real Academia Galega dedicaralle o Día das Letras Galegas 2021 a Xela Arias, unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea.

En Barrionovo xa nos estamos poñendo ao día para homenaxear a esta autora como merece durante o mes de maio.

luns, 28 de decembro de 2020

NÓS: PALABRA DO ANO 2020

Finalmente, "Nós" foi a palabra escollida polos votantes do Portal das Palabras como "Palabra do Ano 2020" superando aos termos relacionados coa pandemia.