BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

mércores, 4 de maio de 2022

Florencio Delgado Gurriarán visítanos á biblioteca!

O martes de poesía express, veu visitar á bilbioteca do cole Florencio Delgado Gurriarán. Autor homenaxeado o día das letras galegas. Ademais de lernos e explicarnos o amor que ten a Galicia a partir do poema titulado "A salve" do Cancioneiro da Loita Galega, explicounos o motivo da maleta que levaba na man, para iso mostrounos o marabilloso conto titulado "Morriña" de Paula Ventimiglia. Un pracer poder compartir este intre contigo Florencio!

 



 




venres, 8 de abril de 2022

DÍA DAS ARTES GALEGAS 2022: LAXEIRO

O Día dás Artes Galegas 2022 está dedicado a José Otero Abeledo "Laxeiro", unha figura central da cultura galega do século XX pola súa achega á renovación e á vangarda nas artes. O seu impacto no mundo da creación artística, 25 anos despois do seu falecemento, segue sendo incuestionable, tanto dentro como fóra das nosas fronteiras. Pero a pegada de Laxeiro non só circunscríbese a este ámbito. O artista lalinense conseguiu a aprobación popular dos galegos máis aló do ámbito pictórico e académico.

 

Para traballar a figura de Laxeiro, estivemos a reflexionar sobre a súa figura e a súa obra titulada "A cor" que tiñamos no calendario deste mes de Abril. Por último, tentamos recreala como máis nos gustase.

 
 
 


 
Para máis información sobre esta figura homenaxeada visitar: https://www.cultura.gal/gl/laxeiro e https://laxeiro.org/

xoves, 24 de marzo de 2022

EXTRA!!! EXTRA!!! SEMANA DA PRENSA!!!

Para traballar a semana da prensa, traballamos con 3 xornais galegos nas distintas clases. Dentro deles, atopábanse diferentes códigos QR perdidos, nos que aparecían diferentes mulleres galegas recoñecidas. Estes códigos QR debían ser buscados e escaneados polo alumnado a partir das diferentes tablets que se atopaban nas clases, para pescudar desta maneira de que mulleres tratábanse. Unha vez atopados todos os códigos QR, realizouse unha asemblea para falar sobre as mulleres que atoparan, as noticias que máis lle chamaron a atención, comparouse unha mesma noticias nos diferentes xornais e valorouse a gran importancia da lingua galega nos xornais.