BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

mércores, 5 de maio de 2021

INVESTIGAMOS: O CAMIÑO FRANCÉS

Nas aulas de Barrionovo seguimos co proxecto #camiñanteSIhaicamiño e, nesta ocasión, estamos afondando nas vilas e pobos polos que pasa o camiño francés.

3 ANOS: 

Cova Eirós


4 ANOS: 

Enma e a súa familia visitan O Cebreiro e a Catedral de Santiago


Leire visita Santiago de Compostela



5 ANOS:

Castelo de Pambre

 

Ponte Furelos

martes, 27 de abril de 2021

POESÍA EXPRESS: "ALGO QUE ESCRIBIR". PABLO MARIÑO

Como peche do mes do libro fixemos noso un dos poemas de Nocturnia 46, o fermoso poemario de Pablo Mariño (pai de Galicia e membro da ANPA de Barrionovo), titulado "Algo que escribir". 

Agardamos que gocedes coa súa escoita e coas marabillosas imaxes que o acompañan.

mércores, 14 de abril de 2021

CÓMIC DO CAMIÑO

Clica na seguinte imaxe para poder ver as distintas actividades que estamos a levar a cabo no espazo fedelleiro no obradoiro "Cómic do camiño".

Para o traballo co texto e cos bocadillos estamos a empregar as viñetas das historietas xacobeas que podedes ver no seguinte enlace https://consejojacobeox21.es/historietas-jacobeas/ . A estas historietas previamente quitámoslle o texto para que sexan os nen@s os que escriban o que cren que os personaxes están a dicir.

mércores, 7 de abril de 2021

MES DO LIBRO: COMIC DO CAMIÑO

O noso amigo Barri tennos preparada unha sorpresa no espazo fedelleiro para este mes de abril. 

Con el aprenderemos e experimentaremos un montón de cousas novas sobre os cómics.