luns, 8 de febreiro de 2021
venres, 5 de febreiro de 2021
MANDADIÑOS MECO 2021: LUNS
Hoxe comezamos na escola as actividades relacionadas co entroido 2021 e, como vén sendo habitual desde hai uns cursos, empregamos a realidade virtual.
Antes de marchar para casa, cada aula empregou o seu Ipad para escanear o mapa de Galicia en relevo coa app Halo Ar e escoitaron o vídeo que lles deixou Barri, a mascota da nosa biblioBN, co mandadiño do luns.
Seguide atent@s para coñecer os mandadiños do resto da semana!
luns, 1 de febreiro de 2021
sábado, 30 de xaneiro de 2021
DÍA DA ILUSTRACIÓN 2021
Hoxe, ademais do Día da Paz e Non Violencia, celébrase o Día da Ilustración coincidindo coa data de nacemento de Castelao. A homenaxeada deste ano e Lolita Díaz Baliño (1905-1963) que foi unha pioneira artista multidisciplinar que desafiou as convencións sociais da época. Destacou na ilustración, na pintura e na fotografía.
Na escola estamos a traballar con esta fermosa ilustración de Lolita Díaz na que representa a unha peregrina camiño a Compostela.
Clicando na seguinte imaxe podedes ampliar a información sobre esta artista e consultar a programación de actividades conmemorativas deste día.
venres, 29 de xaneiro de 2021
DÍA DA PAZ 2021: PEDRAS NO CAMIÑO
Este curso celebramos o Día da Paz relacionándoo co noso proxecto #camiñanteSIhaicamiño.
Aquí vos deixamos unha mostra das actividades que fixemos.








