BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

domingo, 19 de marzo de 2017

SEMPRE ROSALÍA

A medio camiño entre o Día de Rosalía e o Día da Poesía ...
aproveitamos os paneis informativos elaborados polo Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Arteixo, préstamo das Bibliotecas Municipais, para afondar un pouquiño máis na súa vida, obra e recoñecemento.



Despois de ver o panel coas esculturas de Rosalía espalladas polo mundo, amplíamos información coa magnífica presentación da biblioteca do IES San Paio de Tui:




Rematamos escoitando os tres poemas que aparecen nos paneis interpretados por: Luz Casal e Carlos Núñez, Amancio Prada e Astarot.









domingo, 5 de marzo de 2017

ENCONTRO CON ELI RIOS

Eli Ríos visitou a biblioBN e mostrounos a vida e obra de María Victoria Moreno co seu libro da Colección Mulleres Bravas da Nosa Historia daEditorial URCO.
Achegounos á figura desta mestra e escritora que namourou da nosa terra e da nosa língua. Leunos as súas historias que queren que, como ela, amemos"a beleza da paisaxe, da vida, das persoas e das palabras".






OFICIOS TRADICIONAIS: OLEIROS


NA AULA DE 3 ANOS, TRABALLAMOS ARREDOR DO OFICIO CORRESPONDENTE AO MES DE FEBREIRO, OS OLEIROS
 ESCOITAMOS CON ATENCION OS VIDEOS QUE NOS EXPLICAN O TRABALLO DESTES ARTESÁNS


E PRACTICAMOS COAS NOSAS MANS, ELABORANDO UN POUSAPAPEIS CO NOSO NUMERO DE LISTA



DESPOIS COMPLETAMOS, PEGANDO IMAXES A FICHA DO CADERNO DOS OFICIOS





domingo, 19 de febreiro de 2017

#RosalíaTE: Día de Rosalía de Castro 2017

Un ano máis celebramos a Rosalía sumándonos á proposta da AELG: creamos, dixitálmente, as nosas máscaras de Rosalía e fotografámonos en familia.












  Así as fixemos empregando os editores Prisma e Paint Art:


mércores, 8 de febreiro de 2017

8 DE FEBREIRO: ANIVERSARIO DE PONDAL

A BIBLIOBN ADICA A POESIA EXPRESS DOS MARTES A EDUARDO PONDAL,

 NO 182 ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO, CON ESTE AUDIOVISUAL DO SEU POEMA

"QUEIXUMES DOS PINOS"





OFICIOS TRADICIONAIS: CESTEIRA

NA AULA LARANXA COMEZARON O TRABALLO ARREDOR DOS OFICIOS TRADICIONAIS GALEGOS, PARTINDO DAS FOTOGRAFÍAS DO CONCURSO DA FEIRA DE PASTORIZA.

ELEXIMOS A CESTEIRA E DESPOIS DE VER ALGUN VIDEO  DE COMO ERA O SEU TRABALLO 

COMEZAMOS A COMPLETAR A FICHA
 BUSCANDO  IMAXES

E ESCRIBINDO AS PALABRAS


ESTE É O RESULTADO


xoves, 2 de febreiro de 2017

A VODA DOS PAXARIÑOS


Hoxe, 2 de febreiro, celebramos a que din que debía ser a verdadeira festa dos namorados: As Candeas ou Candeloria

"A partir da Candeloria,
ningunha ave voa soa."



Coñecemos da súa existencia grazas ao Calendario Etnográfico de Arteixo 2017 co que nos agasallou o Concello. Neste, o Departamento de Normalización Lingüística do Concello convídanos a un fermoso e documentado percorrido polas celebracións anuais arteixáns.




Así aprendemos que a festa de hoxe "anticipa a chegada da primavera e o renacer da natureza."



Cada encargado recolle as candeas para facer o traballo:


E preparámolo: