BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

domingo, 29 de xaneiro de 2017

OFICIOS TRADICIONAIS:EBANISTA

NA AULA ROSA ARRANCOU O TRABALLO ARREDOR DOS OFICIOS TRADICIONAIS, INVESTIGANDO SOBRE OS EBANISTAS, UN DOS ARTESÁNS DA FEIRA DE PASTORIZA, PRESENTE TAMEN NO ALMANAQUE.
 PRIMEIRO NA INTERNET BUSCARON AS DIFERENZAS ENTRE OS ROBOTS PROFESIONAIS E AS PERSOAS.
 DESPOIS ANALIZARON  OS INSTRUMENTOS DE TRABALLO E OS MATERIAIS QUE NECESITA,

xoves, 22 de decembro de 2016

BO NADAL...EN GALEGO!!

Dende o EDLG da EEI BARRIONOVO, queremos desexarvos un BO NADAL e UN FELIZ 2017....EN GALEGO

 

Para pasar estes fríos días, aquí vos deixamos unha chea de recursos cos que non vos aburriredes, a programación da Rede de Dinamización Linguística, cartas aos Reis Magos,... e unha paxina web onde atoparedes unha chea de agasallos...en GALEGO





 

domingo, 13 de novembro de 2016

Guía de Lectura: Queremos Ciencia en Galego

No Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, a BIBLIOBN edita unha guía íntegra en castelán xa que non atopamos fondos axeitados á nosa idade  en galego.
 
 

CONCURSO FOTOGRAFICO: OFICIOS ARTESANAIS

A biblioBN e o EDLG veñen de convocar un Concurso Fotográfico co gallo da Romaría de San Miguel de Pastoriza. O Concello e a Asociación Cultural O Grilo sumaron esforzos para recuperar a histórica Feira de Madeira. Desde a escola convidamos ás familias a visitala e fotografar todos os oficios tradicionais que nela se mostraban: cesteiras, carpinteiros, zoqueiros, oleiras,afiadores, tecelás e fiandeiras...

 

Esta é a foto gañadora:


E estas as participantes:
 


 



Tod@s @s participantes recibirán un agasallo.


martes, 25 de outubro de 2016

CONCURSO FOTOGRÁFICO OFICIOS ARTESANAIS

ESTE CURSO, ESTAMOS A TRABALLAR OS OFICIOS TRADICIONAIS. Co gallo da Romeria de San Miguel de Pastoriza, o EDLG e a BIBLIOBN convocan un concurso de FotografIa






domingo, 2 de outubro de 2016

LETRAS GALEGAS 2017

A RAG elexiu a Carlos Casares como protagonista do
 Día das Letras galegas 2017


Este autor sumarase á lista de escritores que foron homenaxeados dende 1963, que podedes atopar neste mapa interactivo elaborado con Thinglink, no blogue TRAFEGANDO RONSEIS

CALENDARIO 2016-2017

BENVIDOS A UN NOVO CURSO! PARA QUE COMECEDES A ORGANIZARVOS, DEIXAMOSVOS O ALMANAQUE DOS OFICIOS TRADICIONAIS GALEGOS QUE TRABALLAREMOS ESTE CURSO



ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!