Durante todo o mes de maio a nosa biblioBN estivo aberta para recibir a todas aquelas familias que nos quixeron agasallar cunha lectura en lingua galega.
Moitísimas grazas a todas pola vosa colaboración!
Durante todo o mes de maio a nosa biblioBN estivo aberta para recibir a todas aquelas familias que nos quixeron agasallar cunha lectura en lingua galega.
Moitísimas grazas a todas pola vosa colaboración!
Coa chegada do mes de maio, aproveitamos para facer unha actividade co conto "Flores" de Hervé Tullet e co seguinte poema popular galego.
Primeiro fixemos a lectura do mesmo no patio.
Despois da poesía express, os nenos e nenas da aula laranxa fixeron as súas propias creacións inspiradas nas flores de Hervé Tullet empregando témperas sólidas.
Pola tarde, na actividade de Lectura e familias, recitamos tamén un poema relacionado coas rosas incluído no libro "Caderno de fume" de Antonio García Teijeiro e Leandro Lamas.
E, por último, e coa axuda das familias puxémonos mans á obra para crear os nosos cadros florais. Empregando cartón, aironfix, flores secas e a nosa creatividade elaboramos diferentes obras artísticas.
O 17 de Maio celebramos o día das Letras Galegas, en Barrionovo durante toda a semana fixemos actividades adicadas as CANTAREIRAS E PANDEREITEIRAS e a tradición oral, descubirndo no mapa aldeas de Galicia, instrumentos de música con obxectos da vida cotiá naquel tempo, coplas que falan de alimentos e BAILANDO E CANTANDO.
E ao mesmo tempo seguimos contando, aprendendo letras, representando a realidade a través do debuxo, fomentando a autonomía e traballando outros contidos da escola...
Hoxe na biblioBN conmemoramos o Día das Letras Galegas co obradoiro "As cantareiras" a cargo de Ana Edreira, directora das pandereteiras de Xacarandaina e nai dun antiguo alumno da nosa escola.
Iniciamos a semana das Letras Galegas cunha poesía express extraída do libro "Caderno de fume" de Antonio Teijeiro e Leandro Lamas relacionada coas verbas na nosa lingua.
Esta semana na biblioBN estamos inmersos no mundo da tradición popular oral galega. Contamos con diversos elementos empregados antiguamente en Galicia para facer música (cunchas, lata de pimentón tixola de ferro...) e un mapa de Galicia no que estamos ubicando os lugares de onde procedían as homenaxeadas no Día das Letras Galegas deste ano 2025.
Tamén puidemos comprobar como empregaban estes obxectos para facer música e os diferentes momentos nos que o realizaban: facendo o xantar, lavando no río, na matanza do porco... e escoitamos algunhas desas coplas na voz da mestra de música.
Nunha desas coplas, a mestra Lara contou coa axuda dunha pequena pandereteira da aula laranxa.
Para rematar, empregamos algúns recursos do Seminario Galán para identificar os instrumentos que utilizaban as cantareiras e debuxar outros dos que acababamos de coñecer.