Un calendario de advento de refugallo.
A conta atrás comeza entre paos, rolos de papel e corda.
Festexamos o Samaín cun obradoiro terrorífico no Fedelleiro e unha xuntanza no noso patio ao redor das cabazas aportadas pola familias.
Respondendo á invitación de bibliogalán o alumnado de 5º e 6º visitou o CEIP de Galán para ver a exposición de cabazas e ir a súa biblio, onde o alumnado de 4º de Primaria nos tiña preparado un conto e diferentes obradoiros do Samaín: decoración de cabazas, pulseiras, maquillaxe, landart de outono...
Debullamos mazorcas de millo.
Valeiramos cabazas polo samaín.
Aprendemos os perigos que pode ocasionar tocar ou manipular cogomelos. Utilizamos a app lens para identificar os que sairon nunha das macetas do noso patio.
Festexamos o Día das Escritoras escoitando o conto "O dedo no nariz" de Paula Merlán todos xuntos na biblioBN.
No Espazo Fedelleiro ao ritmo do latido do corazón mediante unha instalación sensorial e un poema....así comezamos a apaixonante viaxe polo novo proxecto.
Como todos os cursos, no mes de maio na biblioBN as familias contan EN GALEGO!
Moitas grazas a todas por axudarnos a fomentar a lectura na nosa lingua!
O xoves día 16 conmemoramos o Día das Letras Galegas con diferentes actividades.
Recibimos na biblioBN a Alma, compañeira de Luísa Villalta, quen saíu do violino para contarnos moitas cousiñas da vida da autora homenaxeada.
Baseámonos no libro "Alma de violino" de Beatriz Maceda e Eli Ríos.
Despois empregamos a nosas palabras favoritas en lingua galega, elixidas na casa coas nosas familias, para completar o mural co skyline da cidade de A Coruña e os seus monumentos máis relevantes.
Por outra banda, nas aulas tamén traballamos con estas palabras para facer creacións poéticas como a que podedes ver no seguinte vídeo.
Para finalizar o día, levamos para casa unha lingua feita coa impresora 3D e un código QR que enlaza á páxina deste mesmo blogue na que se atopa o repositorio de todas as cantigas en lingua galega empregadas nos calendarios deste curso.
http://barrionovofalagalego.blogspot.com/p/barrionovo-canta-en-galego.html