Durante este mes de novembro os trompos están sendo os protagonistas no patio de Barrionovo.
Barrionovo fala galego
Blogue de dinamización da lingua galega da EEI Barrionovo
luns, 17 de novembro de 2025
venres, 14 de novembro de 2025
MAGOSTO 2025
Hoxe celebramos o Magosto na escola, onde non faltaron as nosas familias, os xogos de tradición, a degustación de castañas e unha boa foliada.
Moitas grazas a ANPA pola axuda e colaboración, a Paula, mestra en prácticas polo achegamento a cultura galega, e a todas as familias pola participación no día de hoxe.
mércores, 12 de novembro de 2025
EXPER-CIENCIA NAS AULAS
Tralo encontro na biblioBN para inagurar o mes da ciencia, os tres experimentos empezaron a viaxar polas aulas.
Os nenos e nenas da aula rosa, puideron achegarse un pouco máis as nubes e intentaron simular unhas. Primeiro, cubrimos os botes de auga ata a marca.
Despois, enchemos de espuma.
E por último, botamos colorante.
Aquí deixamos o rexistro do proceso.
Na aula laranxa experimentaron co principio de densidade e comprobaron como o ovo afunde na auga doce e flota na auga salgada porque a densidade desta é maior.
venres, 7 de novembro de 2025
MES DA CIENCIA EN GALEGO 2025
Con motivo da celebración do mes de novembro como o mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares desfrutamos dun EncontXo a partir do libro "Ada nagnífica científica" de Beascoa. A través deste conto rimado coñecemos unha nena con grandes inquedanzas científicas.
A continuación descubrimos tres experimentos recollidos no libro "Experciencia" de Cumio editorial que irán rotando polas aulas durante todo o mes.
sábado, 1 de novembro de 2025
mércores, 22 de outubro de 2025
ENCONTXO: OS LIBROS NON SON PARA OS OSOS
Para conmemorar o Día das Bibliotecas fixemos un Encontxo na nosa, a biblioBN, con todo o alumnado e visionamos distintas bibliotecas.
luns, 20 de outubro de 2025
TARDE DE BIBLIO EN FAMILIA: DÍA DAS BIBLIOTECAS
Na semana da conmemoración do Día das Bibliotecas, lemos un conto que nos fala de que os libros e as bibliotecas son para todas e todos.
Despois da lectura proxectamos pequenos espazos lectores para todos os animais empregando materiais non estructurados.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)


















