BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

venres, 1 de decembro de 2017

"Toponimízate" bota a andar en Arteixo


Presentación do programa "Toponimízate"
Sábado 2 de decembro
ás 12:00 horas no Centro Cívico de Arteixo 



xoves, 30 de novembro de 2017

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA

Neste curso, xa que o tema do proxecto é "A volta a Galicia en 284 días", estamos a levar na mochila da Okupación Escornabótica unha plantilla en branco para completar na casa inventando un xogo relacionado con algún aspecto relevante do noso país. 
Aquí tedes unha mostra dos traballos feitos pola familia de Iker (5 anos) e pola familia de Artai (4 anos) nos que podemos traballar, por unha banda, os escritores/as galegos homenaxeados no Día das Letras Galegas e, por outra parte, as festas populares galegas.

                        CÓDIGO DE XOGO:
                         1. Rosalía de Castro
                         2. Castelao
                         3. Curros Enríquez
                         4. Eduardo Pondal
                         5. Ramón Cabanillas
                         6. Álvaro Cunqueiro
                         7. Celso Emilio Ferreiro
                         8. Manuel María
                         9. Carlos Casares
                        10. Día das Letras Galegas

 
 
CÓDIGO DE XOGO:
                         1. Samaín
                         2. Magosto
                         3. O apalpador
                         4. Asalto ao castelo (Vimianzo)
                         5. Romaría vikinga (Catoira)
                         6. Rapa das bestas
                         7. Entroido de Laza
                         8. San Xoán
                         9. Arde Lucus
                        


Nos dous casos a forma de xogar consiste en tirar o dado e mirar na lenda a que imaxe corresponde o número que nos tocou e, a continuación, darlle as ordes correctas ao escornabot para chegar ata dita casilla.
Moitas grazas as familias pola súa colaboración!

mércores, 22 de novembro de 2017

INSTRUMENTOS GALEGOS

Para conmemorar o Día da Música que se celebra hoxe (22 de novembro-Santa Icía), o alumnado de 4 anos realizou unha actividade relacionada cos instrumentos tradicionais galegos empregando a App TinyTap.

xoves, 2 de novembro de 2017

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Neste mes que está a comezar, celébrase o Mes da Ciencia en Galego co cal preténdense amosar as posiblidades do galego como lingua para facer ciencia, así como para animar ao alumnado a aprender e divulgar ciencia na lingua propia de Galicia.
Premendo na imaxe pódese acceder á programación de todas as actividades ofertadas no portal Cultura de Galicia.
https://www.cultura.gal/gl/ciclo/596

martes, 10 de outubro de 2017

ARQUIVO SONORO DE GALICIA

Na páxina web do Consello da Cultura Galega atopamos cousas tan interesantes para desenvolver o traballo do noso proxecto "A volta a Galicia en 284 días", como é o caso dos instrumentos tradicionais galegos. Toda a información que aparece na web foi recompilada por Pablo Carpintero Arias nun libro titulado "Os instrumentos musicais na tradición galega" publicado orixinalmente en papel pola Difusora de Letras, Artes e Ideas.
Premendo na imaxe podedes acceder a el.

http://www.consellodacultura.gal/asg/instrumentos/