O vindeiro luns día 9 de novembro, nas nosas tardes de Biblio en Familia, contaremos coa presenza das mulleres do Clube de Labores e Lectura das Veciñas de Dona Emilia, en Meirás (Sada). Con elas realizaremos un encontro interxeracional no que participará o noso alumnado acompañado dalgún familiar con experiencia en actividades de labores e costura.
Esta actividade está enmarcada dentro dunha colaboración coa Facultade de Ciencias da Educación da UDC e cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega.


Ningún comentario:
Publicar un comentario