BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

mércores, 29 de novembro de 2023

ATELIER CIENTÍFICO: BECHOS NO MICROSCOPIO

Seguimos a investigar, no Atelier de Ciencia, ao redor dos bechos.
Co microscopio analizamos algún deles, patas, ás, características en xeral 
 


 

venres, 24 de novembro de 2023

25 N: LÚA QUERE VIAXAR A MARTE

 Este mércores, grazas a ANPA de BARRIONOVO, visitounos Zeltia, da Xanela do maxín, coa súa obra “Lúa quere viaxar a Marte”



Unha actividade para fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Hai e houbo grandes mulleres científicas, investigadoras e astronautas, que son o referente de Lúa para seguir adiante e enfrontarse aos impedimentos que se lle queren impoñer.




mércores, 15 de novembro de 2023

ENCONTROSBN: TOCA, TOCA


Neste mes da ciencia estamos a investigar os bechos e que mellor maneira que observando e tocando bechos reais da man dun biólogo, Miguel Santamaría.
Miguel adentróunos no mundo dos artrópodos e os seus tipos, que principalmente podemos distinguir polo número de patas




Foi súper interesante e aprendimos un montón de cosas que seguro non olvidaremos






 

xoves, 9 de novembro de 2023

MES DA CIENCIA EN GALEGO 2023

Presentación das propostas que levaremos a cabo no espazo fedelleiro en novembro polo Mes da Ciencia en Galego.








 

martes, 7 de novembro de 2023

CROMA SAMAÍN 2023

 O Samaín de Mamá Cabra serviu de inspiración para este terrorífico…Croma de Medo!

O Samaín 23 from biblio BN on Vimeo.