BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

luns, 15 de abril de 2024

CAMELIAS. PERIGO! NATUREZA

- A cor das camelias. Estampamos co martelo e elaboramos o recuncho das flores (se atopades flores polo camiño á escola, son benvidas.

-Xa que co aceite das camelias se elabora xabrón, a nosa mesa de experimentación convertiuse nun laboratorio de pompas

xoves, 21 de marzo de 2024

DÍA DAS ÁRBORES E DA POESÍA 2024

 Hoxe celebramos o Día das árbores e a poesía cunha xornada de investigación no Monticaño.

Comezamos cunha asamblea cantada para despois, por clases, ir de ruta en busca de tesouros, árbores, prantas… que despois seguiremos a investigar nas aulas.

Paramos para merendar e xogar e rematamos a xornada cunha poesía adicada a primaveira, que deu comezo onte.


Durante o percorrido recoñecimos Piñeiros, Carballos, Abetos, Plátano de sombra, Camelias...






martes, 12 de marzo de 2024

martes, 20 de febreiro de 2024

MINIMUNDOS 3D: BECHOS



Poesía express: "Cantares gallegos"

No martes de poesía express aproveitamos a proximidades do Día de Rosalía para recitar uns versos do poema "Cantares gallegos" acompañados dun vídeo con imaxes evocadoras e sons da natureza.
Para finalizar, escoitamos "Has de cantar" do libro-disco "Rosalía pequeniña" de Uxía. 




 

luns, 29 de xaneiro de 2024

INVERNO EN BARRIONOVO

A semana pasada puidemos desfrutar duns días moi divertidos pero tamén moi fríos no noso espazo fedelleiro que se converteu no polo Norte. Canto aprendemos experimentando e manipulando.
  

venres, 12 de xaneiro de 2024

VENRES DE ENCURTAS: POIS IMOS CONTAR UN CONTO

Na semana da conmemoración do Día das persoas usuarias das bibliotecas elaboramos este audiovisual para festexar tamén o fin das reformas na biblioBN. Como agasallo para os nosos usuarios, libretas de Bibliotecas Escolares de Galicia.