jueves, 27 de febrero de 2020

DÍA DE ROSALÍA 2020

Neste día fixemos un pequeno percorrido pola biografía e obra de Rosalía de Castro para despois escoller versos dos seus poemas que invadirán todo o noso cole.
Primeiro visionamos este marabilloso vídeo realizado pola rapazada da BiblioAnxo, biblioteca do CEIP "Anxo da Garda" da Coruña, para conmemorar o Día de Rosalía, e no que se ilustra perfectamente o emigrante da Galicia daquela época.
Grazas por compartir este traballo!


Despois de ver o vídeo falamos do que viron, que estarían a facer... e lemos outra poesía de Rosalía que fala da emigración, da morriña e da nostalxia.
De seguido vimos o conto en imaxes "Morriña" de Paula Ventimiglia, que ben podería ilustrar a historia de Rosalía de Castro.
E coma Rosalía foi a poeta dos emigrantes escoitamos "Adios Ríos, adios fontes" musicado por Evoéh
 Por último decidimos escoller algúns destes versos, e por equipos interniveis, escribilos para encher as nosas escaleiras.

Agora os versos de Rosalía acompañarannos acotío!!


jueves, 20 de febrero de 2020

sábado, 15 de febrero de 2020

THINGLINK MESTURARTE RESULTADO

Este é o  resultado final do thinglink creado nas clases de TIC sobre o proxecto mesturArte. O alumnado fixo un vídeo resumindo os contidos máis importantes que aprenderon ao longo do primeiro trimestre sobre o proxecto.
3 anos: tribu korowai
4 anos: aldea masai
5 anos: exipcios

Podedes ver o resultado premendo na seguinte imaxe

Resultado de imagen de mapa mundiç

viernes, 14 de febrero de 2020

ENTROIDO MANDADIÑOS LEONARDO DA VINCI

Hoxe presentamos no espazo fedelleiro o meco deste entroido: Leonardo Da Vinci.
Este gran home que foi escritor, pintor, arquitecto,... vainos encargar os catro mandadiños do entroido 2020.





Aquí tedes o primeiro:    "DELANTAL"


Mandadiño Luns from biblio BN on Vimeo.









jueves, 13 de febrero de 2020

CONCERTO DIDÁCTICO: "de aquí para alá"

Hoxe fumos ao Palacio da Ópera a escoitar o concerto didáctico "de aquí para alá" de Lydia Botana. Neste concerto os nenos e nenas puideron escoitar músicas de diferentes continentes, países e culturas: galega, cubana, xamaicana, balcánica... así como coñecer os instrumentos típicos de cada unha delas (algúns deles chegáronnos novos esta semana ao cole...).
Podedes ver a saída no seguinte vídeo:


Concerto didáctico from biblio BN on Vimeo.

Poesía-Express: A noite estrelada

martes, 4 de febrero de 2020

MONTAXE THINGLINK coa INFORMACIÓN EN CROMA

Podedes ver o que os nenos e nenas están facendo sobre o proxecto na clase de TIC ca profe Lara, premendo na seguinte imaxe.


Resultado de imagen de mapa mundi politico